V Semana de Consumo Responsable

Selección_031 Un ano máis, moi pronto teremos a nosa cita coa Semana de Consumo Responsable (entre os días 18 e 22 de abril), que, coma sempre, virá cargada de actividades para toda a comunidade escolar: obradoiros, documentais, mesa de troco, saídas, palestras, exposicións…

Coma sempre, trátase de concienciar(-nos) e sensibilizar(-nos) ante a nosa responsabilidade como consumidores con capacidade de transformar a nosa contorna, o noso mundo e as nosas vidas a través do que decidimos consumir acotío.

O obxectivo principal é, aínda que sexa de forma moi modesta e case simbólica, practicar un pouco de economía solidaria e alternativa, unha economía baseada no intercambio, na reciclaxe e na reutilización e sobre todo na redución dun consumo que debe ser sempre responsable, pensando no ben común antes que no consumismo exacerbado tan característico do mundo no que vivimos.

Aquí tedes a programación das actividades previstas e o cartaz da mesa de troco:

Selección_034

Selección_033

Deixar un comentario