“Aprender a pensar coa biblioteca escolar”

CARTEL_17_WEB

Recollemos a continuación o texto publicado pola páxina de Bibliotecas escolares sobre o lema que propoñen para este curso escolar:

“Aprender a pensar coa biblioteca escolar” é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.

A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación gráfica.

Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de “abducir” as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles.

Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a “aprender a pensar”.

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

Nese camiño, nós comezamos por incorporar á nosa biblioteca novos materiais lectores aportados polo departamento de Filosofía. Trátase de obras que poñen en xogo un talante crítico e contracorrente moi de agradecer nestes tempos de conformismos despreocupados e egoístas. Son novelas e ensaios que nos axudan a repensar-nos e a repensar o entorno no que vivimos para cuestionalo e, na medida das nosas posibilidades, para tentar cooperar na construción dese outro mundo posible e necesario…

IMG_20171016_103232

Advertisements

A biblioteca durminte…

Selección_002

Comeza xa o curso! E a nosa biblioteca está ansiosa por abrir as portas e recibir vida dos seus lectores e lectoras. Sen eles o espazo baleiro semella unha lembranza dun pasado lonxano. Serán así as bibliotecas no futuro? De nós depende que non suceda. Abofé que nolo amosou marabillosamente Michael Ende en A historia interminable! Porque se deixamos de ler morren as esperanzas, as fábulas, os inventos, as aventuras, os amores, as disputas, as fantasías, os soños… de tantas e tantas personaxes, de tantas e tantos poetas.

En definitiva o “Mar de soños” que dá nome ao noso blogue so terá sentido se segue habendo soñadores, se segue habendo quen desexe “perder” o seu tempo para deixarse levar por quen desenvolveu outros mundos posibles, por quen amplía ata o infinito a nosa capacidade de imaxinar, de experimentar, de vivir mil e unha vidas nunha soa, a nosa.

Animádevos a atravesar as portas da biblioteca, animádevos a mergullarvos noutros mundos. So a literatura pode ofrecervos tanto por tan pouco;)

Seguir lendo

Exposición Carlos Casares

Os departamentos de Lingua Galega e Plástica do IES A Paralaia, en colaboración con outros centros de Galicia, traballaron co alumnado de 1º e 3º de ESO sobre Carlos Casares, a personalidade homenaxeada este ano o Día das Letras, e a súa obra. A idea, que partiu do IES A Guía de Vigo, era que o alumnado deseñase na aula de Plástica unhas postais inspirándose en Casares para enviar por correo aos demais centros; nelas, ademais das imaxes, iría un fragmento dunha das súas obras, seleccionado por eles na aula de Lingua Galega. É o que se coñece como Arte Postal. O noso agradecemento a todos os centros participantes: IES A Guía de Vigo, IES A Paralaia, IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, IES Auga da Laxe de Gondomar, IES Cosme López Rodríguez da Rúa (Ourense) e CPR Mendiño de Vigo, que fixeron uns traballos magníficos. O resultado podedes velo nestas imaxes:

Comicón de Moaña

emotionheader5623587

Recollemos a continuación -con pequenas modificacións- a crónica da Comicón de Moaña publicada pola nosa compañeira Eugenia en varias entradas do blog “Lendo nas Barxas”. Aproveitamos para agradecerlle a Eugenia a súa implicación e xenerosidade… con compañeiras así dá gusto traballar!;)

VENRES 12: XORNADA DE MAÑÁ

O venres 12 de maio comezamos a celebración do evento da COMICON INTERCENTROS de Moaña cun flashmob, ao ritmo da canción de Justin Timberlake “Can´t stop the feeling”, que xuntou a case 300 nenos de todos os coles e institutos da nosa comunidade educativa e de todas as idades, desde os pequeniños de 4 anos ata algúns de 2º de Bacharelato. Todxs acudimos vestidos con calzado branco, pantalón vaqueiro azul e camiseta branca co logo da Comicon impreso. Houbo un grupo de traballo de profes, organizados a través do CEFORE, que difunden os seus materiais a través deste blogue e que se encargaron da preparación, xestión e ensaios previos. No IES As Barxas, témoslles que agradecer a Lidia (toda unha experta en coreografías e xestión de grupos grandes de adolescentes ;)) e a Loli (entusiasta do baile) o seu desinteresado esforzo para conseguir que todo saíse ben. Tamén nos acompañou Charo, a nosa bibliorientadora. E no IES A Paralaia, hai que agradecer a Carmen Contreras o seu traballo co alumnado, así como á compañeira Lucía a súa participación.

A choiva tivo a ben esperar un chisco ata que rematamos de bailar, tanto na actuación das 10:30 como no segundo pase ás 12 e pico de mañá.
Foi emocionante compartir con tantxs nenxs e profes esta experiencia!!

Despois do flashmob inaugural abrimos as portas da nosa COMICON INTERCENTROS e comezaron un sinfín de actividades que se prolongaron ata as 20:00. Pola mañá houbo varios obradoiros simultáneos monitorizados polo noso alumnado dos clubs de manga: maquillaxe, origami, xogos de mesa (neste caso a cargo de Mazinger), quidditch… así como dúas ponencias, “Zombies de Call of Duty” e “Evolución do Pokemon”, tamén pronunciadas por alumnas e alumnos dos clubs de manga.

Ao mesmo tempo, tiña lugar outra charla para acompañar a exposición da historia da literatura fantástica a cargo de Urco Editora.

Outra das charlas que máis interese espertou foi a do autor de cómics Norberto Fernández, que conseguiu atraer ao seu redor a un bo número de asistentes.

Por certo, o flashmob inaugural non hoi o único baile da mañá. O alumnado do club de manga do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo tamén contribuíu coa súa participación nun Mannequin Challenge.

E, entre tanta actividade, tamén houbo remansos de paz, como os habilitados para a proxección de películas (“O castelo ambulante”, “A princesa Mononoke” e “A chica que saltou a través do tempo”) ou a sala de lectura, onde os nosos visitantes podían recrearse cunha selección de cómics cedidos pola biblioteca municipal para a ocasión.

E, por último, non podemos esquecer unha das actividades que máis éxito tivo entre pequenos e non tan pequenos: as pistolas Nerf, que tan ben atenderon os nenos e nenas dos clubs de manga de A Paralaia e das Barxas.

VENRES 12: XORNADA DE TARDE

A tarde comezou ben cedo, coa  representación da obra de Teatro Kabuki “Caperucitas” que nos trouxo o club de manga do IES Escolas Proval de Nigrán a partir dunha adaptación do texto de Roald Dahl.

Ao mesmo tempo, tiña lugar o Torneo de Pokemon no interior do recinto.

Mentres que no exterior tiña lugar a gymkana, que comezou coa carreira de cegos entre as figuras dos enormes “Titanes” (da serie “O ataque dos titáns”), seguida de diversas probas relacionadas coa cultura anime.

Ao longo da tarde, mentres continuaban os obradoiros (agora de Hama Beams), os xogos de mesa, as pistolas Nerf, o Magic, etc, no interior, continuaban as charlas no oco central do recinto: Asier Mensuro, Octavio Beares e Andrés Magán, no exterior triunfaba o Jugger, un deporte de equipo no que se combinan deportes de pelota con deportes de loita, no que participan dous equipos de cinco persoas cada un. A pelota chámase jugg e as armas usadas están recubertas de materiais brandos.

E a tarde rematou con dous concursos que contaron con dúas presentadoras excepcionais: un de talentos e outro de Cosplay (no segundo deles actuaron como xurado o noso Xabi e mais a famosa costplayer e youtuber viguesa Yumivigo).

E así rematou unha longa, intensa e emocionante xornada ateigada de eventos.
SÁBADO 13: XORNADA DE MAÑÁ

O segundo día da COMICON INTERCENTROS deu comezo cos relatorios do noso alumnado. Inaugurou a xornada Ángel Pequeño cunha charla titulada “Animes para comezar”.

 

 

Tocoulle despois a Isabel Cascante, que nos deleitou cunha charla sobre “Os estudios Ghibli”.

 

Despois Alba Rodríguez falounos de “Moda xaponesa”.

 

María Puentes instruíunos acerca da “Censura no anime”.

 

Logo Andrea Pérez explicounos as relacións existentes entre “Manga e feminismo”.

 

E por último, Cédric Piñeiro contounos unha chea de cousas sobre “A lenda do samurai”.

 

Ao mesmo tempo que se celebraban as charlas, tiña lugar o Torneo de Magic (de novo a cargo de Mazinger) na sala contigua, que comezou ás 10:00 da mañá e se prolongou ao longo de toda a tarde cunha grandísima asistencia de público participante de todas as idades. De feito, cando as mesas quedaron escasas, algúns habilitaron outros espazos para seguir coas partidas.

 

 

 

Logo de rematar as charlas impartidas polas nosas alumnas e alumnos deu comezo o obradoiro de debuxo tradicional, a cargo de Pablo José Martínez, “Orballo”, ilustrador infantil para as editoriais Galaxia, Kalandraka e Santillana e que exerceu como profe de plástica no IES A Paralaia entre 2006 e 2010.

 

 

 

Entretanto, no escenario principal o debuxante Ramón Trigo presentábanos a súa última obra, “Lobada” e despois levaba a cabo un obradoiro co público asistente, que deu como resultado unha fermosa balea debuxada entre todxs.

 

 

 

 

 

Rematou a mañá coa entrega de premios do Concurso de Cómic por parte de María, do Concello de Moaña.

 

 

 

 

Ao longo de toda a mañá estivo prevista tamén a proxección de películas e proxectos audiovisuais realizados nos distintos centros participantes na Comicon e tamén seguiu habendo cola para poder xogar ás pistolas Nerf.

Mentres pechaba o recinto principal, no Alto da Praza de abastos, ao mediodía para facer unha pequena pausa e comer, permanecía aberto o pavillón de Reibón para celebrar, igual que o día anterior, un novo torneo de Quidditch, deporte ficticio practicado por personaxes do mundo máxico na serie de novelas de Harry Potter, escritas por J.K.Rowling. Practícano estudantes de colexios como o colexio de Hogwarts de Maxia e seleccións de todos os países. A característica principal é que se xoga voando sobre escobas máxicas. Hoxe acudiron membros da Asociación de Quidditch Vigo.

SÁBADO 13: XORNADA DE TARDE

A tarde no escenario principal comezou coa presentación dos fanzines Androide Paranoide e Planeta Metamorfia.

Entretanto, na sala colindante, tiña lugar un obradoiro de debuxo manga a cargo de María Vilar e Iago Araújo, de Clases de Cómic de Vigo.

A presentación do xogo Infinity, un xogo de miniaturas que simula combates futuristas nunha contorna de ciencia-ficción resultou especialmente interesante para o público asistente. Os seus creadores e distribuidores, a empresa Corvus Belli, ubicada en Bueu, foron os encargados de explicar as características do xogo.

A continuación ocupou o escenario principal unha relatora moi especial, Yumivigo, que nos ofreceu unha charla sobre armaduras e props e como podemos crear os nosos propios cosplays.

Fóra do recinto os xogadores de Jugger continuaron durante toda a tarde practicando a súa recén descuberta nova paixón. Outros, dentro, seguían coas pistolas Nerf e co torneo de Magic.

E rematamos a xornada cun concurso de karaoke no que houbo variedade de participantes, dende rapaces que decidiron rapear composicións propias, ata outros que improvisaron coa axuda do móbil dos seus pais.

Ah, outra das nosas contribucións ao evento foi a presentación dos Podcasts realizados por alumnos e alumnas do IES As Barxas: Oito ilustradores galegos, Nove ilustradores galegos, Entrevistas a autores galegos e a Radionovela Escarlatina, a cociñeira defunta.

Por último, cómpre agradecer a presencia de stands con librerías dedicadas ao mundo do cómic e o manga, como a librería Wells de Cangas, por exemplo, e outros con distintos elementos de merchandising, como os funkos. E, por suposto, o enorme esforzo realizado polos coles de primaria na decoración do recinto.

VI Semana de Consumo Responsable

cartaz_semana_de_consumo

Desde o IES Plurilingüe A Paralaia estamos a traballar desde hai tempo no ámbito do consumo responsable. Parécenos un tema esencial para promover a concienciación de todas e todos nós sobre a incidencia que os nosos hábitos de consumo teñen no mundo que vivimos, especialmente nestes tempos de crise…

Ese compromiso cun consumo consciente e transformador concrétase de forma especial na nosa VI Semana de Consumo Responsable, que este curso se celebrou entre os días 3 e 7 de abril, con multitude de actividades: obradoiros, exposicións, documentais, charlas, roteiro, mesa de troco,…

O obxectivo é concienciar(nos) sobre a nosa responsabilidade como consumidores, asumindo que a nosa obriga é sermos críticos tamén con respecto aos nosos hábitos de consumo e que a nosa compra pode ter a mesma importancia -mesmo máis- que o voto despositado nunha urna. Trátase, xa que logo, de tender que o consumo consciente e responsable é tamén un consumo transformador.

Adxuntamos cartaces, calendario das actividades, imaxes… E, para o curso que vén, máis e mellor!;)

Selección_009

Selección_010

  • Obradoiro de reciclaxe de teas:
  • Obradoiro de elaboración de trampas contra a vespa velutina:
  • Obradoiro de fabricación de xabón cosmético e de bálsamo labial:
  • Obradoiro de contrapublicidade:
  • Obradoiro de percusión con instrumentos reciclados a cargo de Didier Díaz:

  • Roteiro de mapeado polo centro de Moaña da man de Rurban:

This slideshow requires JavaScript.

  • Exposición sobre consumo responsable co material bibliográfico da nosa biblioteca:

Exposición: “De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego”

A Deputación de Pontevedra ofreceunos a posibilidade de dar a coñecer ao longo do pasado mes de marzo no noso centro a exposición “De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego”. Esta exposición, ao cargo do comisario Octavio Beares e coordinada polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación, parte da obra maxistral e pioneira de Castelao para percorrer a historia do cómic no noso país. Un percorrido significativo, aínda que sempre incompleto, que chega ata os nosos días, e que amosa o singular talento dos nosos autores, que explica o momento de extraordinaria vitalidade que este xénero está a vivir na nosa terra.

Sen dúbida, un estupendo aperitivo para a Comicón de Moaña que se está a impulsar dende o IES A Paralaia e que contará coa participación cooperativa da maioría dos centros educativos da nosa contorna.

This slideshow requires JavaScript.

Día da muller

20170310_122749Para conmemorar o Día da muller, o pasado 8 de marzo, acordamos moitas de nós vestirnos de negro -alumnado, profesorado, PAS- para denunciar as violencias de xénero que nos perseguen a cotío, chegando -por desgraza- a provocar a morte de moitas mulleres. Ademais, pensamos nunha exposición que incidise na correlación entre pobreza e muller. A intención, en efecto, era poñer de manifesto a feminización da pobreza tanto nos países do sur como no estado español. Como di o catálogo da exposición que nos ofreceron dende a ONG Amycos:

El 70% de las personas que viven en pobreza extrema son mujeres. Además, aún existen claras diferencias de éstas con respecto a los hombres en el acceso a servicios y derechos básicos como la educación, la sanidad o la planificación familiar. La muestra ‘La pobreza tiene rostro de mujer’ recoge las principales causas que han provocado y mantienen esta discriminación, entre las que se encuentran la mayor dificultad para acceder a los recursos o los puestos de toma de decisiones, por ejemplo, así como su mayor vulnerabilidad ante abusos sexuales o recorte de libertades individuales.

Y es que el sistema patriarcal y la perpetuación de roles en función del género fomentan unas desigualdades sociales en las que las mujeres cuentan con mayores dificultades, especialmente en los países del Sur, para desarrollar una vida digna.

De igual manera, esta exposición recoge los principales pasos que la comunidad internacional ha dado para fomentar la igualdad de género, así como acciones concretas que convierten a la mujer en motor de desarrollo en muchas de las zonas más empobrecidas del planeta.

Para terminar, te invitamos a que conozcas la vida de varias mujeres que, a lo largo de la historia, han supuesto ejemplo de trabajo en favor de la igualdad y que han aportado importantes logros a las sociedades de su tiempo”.

This slideshow requires JavaScript.

“Viva Peter Pan”, de Xesús Pisón

A Poza da Moura

3565_proDisfrutamos na nosa última sesión da lectura e comentario dunha obra de teatro de Xesús Pisón: Viva Peter Pan.

A obra tráenos o espíritu de deliciosa inxenuidade dos contos de fadas, das historias infantís, do mundo do marabilloso que nos retratan Peter Pan, o mago Merlín ou Sherezade. A través das voces e das experiencias de dous nenos achegámonos a eses mitos durmidos que ansían ser espertados a través da imaxinación dos lectores.

No noso coloquio, púxose de manifesto ata que punto o mundo hiper tecnolóxico no que vivimos nos está cercenando a nosa capacidade de fantasía, os nosos soños e quizáis, mesmo as nosas ilusións. Se non podemos soñar, se non podemos trasladarnos coa imaxinación a outros mundos marabillosos, ¿seremos quen de cambiar o noso mundo, de construír un mundo mellor? Non é extraño que os nenos ao final da obra non queiran recuperar a…

View original post 113 palabras máis

Facemos publicidade das nosas lecturas favoritas

Dende a biblioteca fixemos unha nova actividade inspirada na que fixo a nosa compañeira Eugenia Fernández no IES As Barxas. En parte, a actividade é unha homenaxe a Agustín Fernández Paz, que morreu este verán.

Eugenia describe a actividade así:

Precisamente a partir dun relato incluído neste último título, “Un río de palabras“, decidimos dende a Biblioteca do IES As Barxas renderlle unha homenaxe.

O protagonista desta curta historia decide compartir a emoción que lle producen as súas lecturas pegando nas paredes do seu barrio papeis semellantes aos anuncios de “Compártese piso” ou “Ofrécese profesora particular”, só que neles reproducía as liñas iniciais daqueles libros que desexaba compartir co resto do mundo. E o mesmo fixeron as nosas alumnas e alumnos.

Pareceunos unha gran idea, así que decidimos facela tamén nós. Aproveitamos a actividade que propuña Eugenia, e engadimos un detalle para que os nosos alumnos e alumnas de primeiro e segundo da ESO aprendesen a buscar libros nas bibliotecas. Nos flecos onde os nosos alumnos copiaban os títulos dos libros para que outros puidesen collelos, lles pedimos que puxesen tamén a signatura do libro para poder atopalo na biblioteca. En caso de que nós non tivéramos o libro na nosa biblioteca, lles pedimos que usasen a aplicación informática Meiga para localizar o libro noutras bibliotecas de Moaña.

Día da Paz

logo1Con motivo do Día da Paz, que se celebra en todo o mundo -sobre todo nas escolas- o 31 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi, tivemos a oportunidade de gozar do espectáculo “Contos coas mans abertas”, do grupo A tropa de trapo. Difícil parece combinar mellor a sensibilidade e a gargallada, a reivindicación e a risa, os dereitos e a vida cotiá… Como di Galeano: “moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”. Esta é, na nosa opinión, a idea que está detrás desas preciosas historias que nos contan Marta e Brais, o dúo que integra a Tropa de trapo. Son historias locais e globais, de aldea e de cidade, de nenos, de mozas e de vellos… pero, sobre todo, son historias de loitas, de formas de vida, colectivas e comunitarias, reivindicativas e exemplares. Paga a pena escoitalas e deixarse levar pola súa mensaxe.

Grazas, unha vez máis, a A tropa de trapo por facernos pasar tan bos ratos ao mesmo tempo que nos lembran como cambiar o mundo sen perder o sorriso…

Se queredes saber do que falamos, aquí tedes unha mostra…