Día da muller (IV)

Hoxe, 8 de marzo, celébrase en todo o mundo o día da muller traballadora e nós culminamos a serie de artigos que vimos ofrecendo ó longo desta semana para homenaxear o papel das mulleres na súa loita por participar, en pé de igualdade co home, na construcción dunha sociedade máis xusta e digna, na que non haxa violencia de xénero nin discriminación laboral e salarial por razóns de xénero, nin haxa tampouco teitos de cristal que dificulten ou mesmo impidan a consolidación dos dereitos acadados tras moitos anos de loita…

Desde a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza nos invitan a sumarnos ó seu manifesto e ás súas movilizacións.

Estas viñetas de humor gráfico expresan moito máis do que nós poderíamos dicir nestas liñas…

Desde a ONU nos propoñen centrar este ano na reividicación da labor das mulleres labregas, baixo o lema: “Habilitar á muller labrega. Acabar coa fame e a pobreza”. Recentemente no noso centro tivemos a fortuna de escoitar a Belén Fervenza falar sobre este tema, lembrando o papel da muller galega na defensa da nosa sobernaía alimentaria, na conservación do noso patrimonio cultural, na superación de tempos moi duros de fame e pobreza gracias ó seu traballo e sacrificio. Xa é hora de recuperar a súa memoria histórica e de valorar o seu compromiso, na Galiza e no resto do mundo. En relación con esta tarefa, atopamos na rede este calendario adicado ás mulleres labregas, redeiras e mariscadoras galegas que vos animamos a difundir entre as vosas coñecidas.

CALENDARIO-MULLERES-2012-A4

E, para rematar, nada mellor que encarnar a homenaxe á muller labrega galega na persoa de Lidia Senra, durante moitos anos secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e referente imprescindible do movemento feminista e sindicalista deste país. Ofrecémosvos un vídeo coas lembranzas de varias compañeiras que quixeron dar testemuña da súa admiración e respaldo inquebrantable a esta figura que xa forma parte da Historia do movemento altermundista galego. Como di unha das persoas entrevistadas, algún día (quizáis xa…) esta muller será estudiada nas nosas aulas… Para ver o vídeo so tes que pulsar aquí: Lidia Senra

Advertisements

2 Comentarios

  1. Cristina

    Parabéns polos vídeos e toda a información que colgastes pero temos que conseguir que a rapazada faga algo e se implique. Como me gusta o calendario! Xa sei que é un pouco tarde pero, non podiamos promover algo similar desde o instituto para que o faga o alumnado? Pode plantearse como unha homenaxe ás mulleres traballadoras ou como un calendario-denuncia.

    • Completamente de acordo no que se refire á conveniencia de implicar á rapazada nestes temas. Desde a biblioteca sempre animaremos calquera iniciativa que incentive a participacion do noso alumnado en actividades reivindicativas por un mundo máis xusto e solidario.
      Como sempre, gracias polos teus comentarios, Cristina.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: