Arquivo por autor: paralaia

Crónica de la Xuntanza del club mangante (forma cariñosa de llamar al club manga)

Originally posted on A Poza da Moura:
Este lunes fuimos a Vigo al instituto Alexandre Bóveda a una xuntanza del club manga, al llegar a allí nos dieron unas pegatinas verdes que eran para votar en el concurso de dibujo. Al llegar a la sala a la que debíamos ir hubo una “presentación” en la…

Seguir lendo

Día da Paz: o caso do Sahara

Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, quixemos este ano adicar unha pequena exposición ao conflito do Sahara, por varios motivos: – É un caso exemplar de compromiso solidario por parte de moitas persoas e familias galegas, que amosan a súa solidariedade cos saharauis acotío, e moi en especial cos acollementos …

Seguir lendo

Día da Filosofía

No pasado mes de novembro, celebramos o Día da Filosofía coa elaboración dun grafiti no patio e a configuración no corredor onde está a biblioteca dun espazo de frases célebres -ou non tan célebres- que alumnado e profesorado tiñan como referencia entre grandes -ou non tan grandes;)- pensadores da nosa historia. Foi unha xornada festiva …

Seguir lendo

Día da Biblioteca

Retomamos a nosa actividade tras un parón por cuestións técnicas, que nos impediron seguir a publicar entradas no noso blogue. Con motivo do Día da Biblioteca, que se conmemora o día 24 de outubro, o alumnado do centro elaborou unha exposición de fotos realizadas na nosa biblioteca coa fin de animar á lectura para formarse, …

Seguir lendo

“Galiza mutante, poder nuclear”, de Tomás González Ahola

Originally posted on A Poza da Moura:
Tomás González Ahola, o autor da obra “Galiza mutante, poder nuclear”, estivo no Paralaia o xoves 30 de novembro. Na primeira hora tivo un encontro con alumnos de todos os nveis da ESO e de bacharelato que tiñan lido a novela, ambientada nunha Galiza pos-apocalíptica poboada por mutantes…

Seguir lendo

Samaín con contos de medo!

O pasado martes 31 de outubro (véspera da noite de defuntos) a Poza da Moura converteuse no escenario terrorífico dunha sesión de contos de medo. Os alumnos de 4º de ESO prepararon a lectura dunha serie de relatos nos que lobishomes, aparecidos ou bonecas endemoñadas provocaron pesadelos ao alumnado de 1º de ESO que tivo …

Seguir lendo

“Aprender a pensar coa biblioteca escolar”

Recollemos a continuación o texto publicado pola páxina de Bibliotecas escolares sobre o lema que propoñen para este curso escolar: “Aprender a pensar coa biblioteca escolar” é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros …

Seguir lendo

A biblioteca durminte…

Comeza xa o curso! E a nosa biblioteca está ansiosa por abrir as portas e recibir vida dos seus lectores e lectoras. Sen eles o espazo baleiro semella unha lembranza dun pasado lonxano. Serán así as bibliotecas no futuro? De nós depende que non suceda. Abofé que nolo amosou marabillosamente Michael Ende en A historia …

Seguir lendo

Exposición Carlos Casares

Os departamentos de Lingua Galega e Plástica do IES A Paralaia, en colaboración con outros centros de Galicia, traballaron co alumnado de 1º e 3º de ESO sobre Carlos Casares, a personalidade homenaxeada este ano o Día das Letras, e a súa obra. A idea, que partiu do IES A Guía de Vigo, era que …

Seguir lendo

Comicón de Moaña

Recollemos a continuación -con pequenas modificacións- a crónica da Comicón de Moaña publicada pola nosa compañeira Eugenia en varias entradas do blog “Lendo nas Barxas”. Aproveitamos para agradecerlle a Eugenia a súa implicación e xenerosidade… con compañeiras así dá gusto traballar!;) VENRES 12: XORNADA DE MAÑÁ O venres 12 de maio comezamos a celebración do …

Seguir lendo