Día do libro: Un día na Idade Media

Este ano quixemos conmemorar o Día do Libro cun traballo interdisciplinar que contextualizase a obra de Martín Codax, aproveitando o acontecemento que supuxo a exposición do Pergamiño Vindel en Vigo ao longo do primeiro semestre deste curso académico.

O Pergamiño Vindel, depositado habitualmente na Morgan Library & Museum de Nova York, saiu por vez primeira desta cidade norteamericana para recalar en Vigo, o espazo que serviu de inspiración ao compositor para os seus versos. Lembremos que este manuscrito contén as sete cantigas de amigo, seis delas con música, do trobador galego Martín Códax.

A estadía en Vigo permitiunos, primeiramente, achegármonos á súa exposición; ademais, impulsounos a afondar nalgúns aspectos que rodearon a composición desta xoia poético-musical da lírica profana medieval:

A sociedade medieval na que se enmarca.

Os principais protagonistas da lírica galego-portuguesa.

A figura do trobador galego Martín Códax.

Os trazos literarios e musicais máis representativos das cantigas.

A tipoloxía das cantigas medievais.

As fontes iconográficas e literarias que testemuñan a presenza dos instrumentos medievais que acompañaban as cantigas.

Outras composicións vocais profanas do Medievo.

Análise comparativa da notación musical do século XIII nas cantigas de Alfonso X o Sabio, Martín Códax e Dom Dinís.

Froito das investigación de todos nós, elaboramos unha exposición dos materiais traballados, que dividimos en catro bloques:

  1. A nobreza:

Queda representada a través de:

  • Vestimenta.

  • Moedas.

  • Bordados.

  • Armaduras.

  • Lecer das mulleres.

  • Morte dos nobres.

  • Castelos.

  • Menús medievais.

  • Bandeiras.

  1. A igrexa, presente a través de:

  • Tipos de igrexas.

  • Pinturas e esculturas.

  • Leis, castigos e penas.

  • Santos e festividades.

  • A Inquisición.

  • A cruz da igrexa.

  • Convivencia de culturas.

  1. Os artesáns e campesinos, representados mediante :

  • Alimentación e prezos.

  • A agricultura.

  • Vestimenta.

  • Enfermidades.

  • Lecer.

  • Rutinas cotiás.

  1. A música , instrumentos e danza na Idade Media,e a literatura, simbolizados por:

  • Os instrumentos medievais na escultura e na literatura: Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela e miniaturas das cantigas de Alfonso X.

  • A notación musical nas cantigas.

  • Outras composicións vocais profanas no medievo.

  • Reprodución das cantigas.

Podedes ver esta exposición nos corredores do centro e na biblioteca.

Por outro lado, o luns 23 de abril pola tarde viaxamos no tempo á Idade Media para sermos testemuñas e participar dunha serie de actividades, que formaban parte do seu tempo de lecer.

Demos comezo á parte interpretativa cunha danza medieval do século XIII, “A l’entrada del temps clar”, que dá a benvida á primavera. Trátase dunha farándola da Provenza francesa. É unha danza popular, de carácter alegre e animado, que se baila en cadea e collidos das mans. Foi bailada en primeira instancia polo alumnado de 3º ESO, mais, e dado que era moi doada, animamos a participar a todos os presentes.

Despois representaremos un cantar de cego, antigo romance que se interpretaba de aldea en aldea para dar conta de grandes sucesos que se mantiñan no imaxinario colectivo por transmisión oral. Escoitamos o romance que comeza “Voulles a contar señores , que se casou tío Naranxo,…..”. Foi intepretado por dúas compañeiras de 2º ESO B.

Para rematar, un grupo de compañeiros de 1º e 2º ESO interpretaron varias pezas nas gaitas. Este instrumento ten o seu antecedente na civilización exipcia; era moi rudimentaria e contiña dous ósos, un facía de ronco e o outro de punteiro. Ademáis a vexiga do animal facía de fol. Posteriormente, difundiuse e chegou á Galicia por medio do Camiño de Santiago, distribuíndose polo norte da península. Na época romana, coñecíase como tibia. Xa na Idade Media, atopámola representada nunha talla da Catedral de Tui. Esta información acerca da gaita foi aportada por Dani Calvar (1º de bachalerato) nunha presentación deste instrumento feita en Portugal.

Aportamos a continuación unha galería de imaxes do traballo do alumnado:

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: