Marilar Aleixandre, na Real Academia Galega

marilar_aleixandre-_foto_da_aelg_2Queremos facer pública neste blogue a nosa ledicia polo recente ingreso da escritora Marilar Aleixandre na Real Academia Galega. O valor literario da súa obra abrangue todos os xéneros, pero non podemos deixar de referirnos aquí ao aporte -recoñecido máis aló das nosas fronteiras- dos seus libros adicados á literatura infantil e xuvenil. Neste xénero recibiu premios como o Merlín (1994) e da Crítica (1995) por A expedición do Pacífico; o Lazarillo (1999) e o Lecturas de literatura xuvenil (2001) por A banda sen futuro; ou o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil (2008) e a inclusión do seu nome na prestixiosa listaxe White Ravens da Biblioteca de Munich (2009) por A cabeza de Medusa.

Sen deixar de recoñecer o seu talento literario noutros ámbitos, posiblemente a súa contribución máis decisiva para a normalización da lingua galega teña sido a que publicou no xénero da literatura infantil e xuvenil: moitas xeracións de rapazas e rapaces teñen gozado da literatura galega a partir dun primeiro contacto coa obra de Marilar Aleixandre, moitas lle estarán sempre agradecidas, como llo estamos nós.

Parabéns para ela! E a quen lea estas liñas, so un consello: lede a súa obra!;)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: