Guía de de lecturas dos EDLG do Morrazo

Achégannos este comunicado que nos remiten dende o Equipo de normalización do IES A Paralaia:

Como cada ano, a Coordinadora de equipos de dinamización e normalización lingüística do Morrazo elaboramos unhas guías para posibles regalos de Nadal, pero que poden resultar prácticas en calquera momento do ano. Nestas guías recollemos propostas de lecturas e de música actuais en lingua galega. É moi posible que tamén atopedes estas guías en papel nas principais librarías do Morrazo.

Esperamos que vos sexan de utilidade e que vos animen a regalar libros ou CD musicais en lingua galega!

Aproveitamos para desexarvos un moi BO NADAL dende o Equipo de normalización do IES A Paralaia”.

Graciñas e parabéns á Coordinadora polo seu traballo! E, como non, aquí tedes as devanditas guías. Estamos seguros de que vos serán moi útiles. So unha nota sobre o seu contido, que nos mandan dende a Coordinadora: “É o mellor que atopamos, entre moitas persoas, do publicado ou reeditado desde hai 12 meses, máis ou menos, cando fixemos as anteriores. Tamén quixemos poñer algo de Carlos Casares, autor homenaxeado para o 2017, e de Ag. Fernández Paz, para nós todo un referente e un exemplo en moitas facetas, que desgraciadamente nos deixou este ano.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: