Día dos Dereitos Humanos
Hoxe conmemórase en todo o mundo o Día dos Dereitos Humanos. Podería pensarse, tendo en conta o que acontece a diario nas noticias, que non hai moito que celebrar, pero quizás por iso mesmo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos segue a ser fonte de esperanza para quen loitan por un futuro mellor, máis xusto e solidario.
O lema deste ano é ben oportuno: “Defende hoxe os dereitos dos demais”. Como nos lembran dende a ONU:
“Este ano, o Día dos Dereitos Humanos é unha chamada a todos para defender os dereitos do outro. É responsabilidade de todos defender os dereitos humanos. Cada un de nós debe tomar unha posición. Un paso adiante é defender os dereitos dun refuxiado ou migrante, unha persoa con discapacidade, unha persoa LGBT, unha muller, un indíxena, un neno, un afrodescendiente, ou calquera outra persoa en risco de ser discriminada ou sufrir algún acto violento”.
Nestes tempos en que Occidente parece adormecido, paralizado, desmobilizado e cada vez máis conservador, nestes tempos de crise económica e social, de involucionismo e peche de fronteiras, de egoísmos e obsesión pola seguridade, mesmo a costa das libertades, a obriga dos educadores é trasladar unha mensaxe de esperanza e solidariedade, de xenerosidade e compromiso.
Oxalá todas e todos saibamos estar a altura…
Para comezar, quizás sexa boa idea imaxinar un mundo no que os dereitos humanos fosen unha realidade cotiá e universal. Como sería ese mundo? Eduardo Galeano nolo conta:
E, como nese mundo os libros e as palabras seguirían sendo imprescindible, e as bibliotecas seguirían sendo fonte de cultura compartida, non podíamos deixar de ofrecer a nosa persoal exposición de textos para conmemorar este día:
- Publicado en: Conmemoracións ♦ Exposicións
- Etiquetado:Día dos Dereitos Humanos,Dereitos Humanos
Comentarios recentes