Día das Letras Galegas: Manuel María

Un ano máis, celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas, desta vez adicado a Manuel María (1929-2004). Foron multitude os actos, festexos, publicacións, cancións, obras teatrais, documentos audiovisuais… que este ano se adicaron ao autor homenaxeado. Nós non podíamos ser menos, e dende o noso centro quixemos conmemorar data tan sinalada cunha completa exposición sobre a vida e a obra do autor e cun vídeo que elaboraron boa parte dos alumnos e alumnas do centro -todos os grupos da ESO- cantando a coro a famosa e fermosa cantiga “O carro” nos varios idiomas que se falan no IES Plurilingüe A Paralaia. Ademais, fóra do instituto as e os visitantes reciben o agasallo dunha fermosa exposición que aúna poesía e imaxe, froito do concurso “Poesía nas árbores”.

Por último, queremos destacar moi especialmente un vídeo de promoción da lingua galega no que participaron moitas personalidades coñecidas, moitos profesionais que decidiron “vivir en galego” e comprometerse así coa nosa lingua. O vídeo foi elaborado grazas ao traballo desinteresado dos equipos de normalización lingüística do Morrazo e, en particular, do ENDL do noso centro. Parabéns polo voso traballo, compañeir@s!

Aquí tedes as imaxes da exposición e, a continuación, o vídeo:


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: