V Semana de Consumo Responsable

Aproveitamos que esta semana se celebra o Día mundial do comercio xusto para presentar unha breve memoria da nosa V Semana de Consumo Responsable. En efecto, unha vez máis, e xa van cinco anos -o tempo voa!-, celebramos entre os días 18 e 22 de abril a nosa Semana de Consumo Responsable cun montón de actividades: obradoiros, exposicións, palestras, saídas, proxeccións, mesa de troco…

Foi unha experiencia na que colaboraron moitos compañeiros e na que participaron a gran maioría dos alumnos e alumnas do centro. Dende a Biblioteca so nos queda recoñecer e agradecer a súa implicación, que fai posible ano tras ano celebrar esta semana tan importante para nós.

Resumimos a continuación con algunhas imaxes as actividades que se desenvolveron durante esa semana:

1º de ESO: Obradoiro de fabricación de xabón a partir de aceite usado e visita a praza de Moaña (consumo local, de tempada e responsable).

2º de ESO: Obradoiro de percusión con instrumentos reciclados a cargo de Didier Díaz, de Eco Percusión.

3º de ESO: Obradoiro de reciclaxe de teas, para elaborar fundas para o móbil, estuches, etc.

4º de ESO: Charla sobre “A vespa velutina, identificala e danos que provoca”. A continuación Obradoiro de fabricación de trampas caseiras para atrapar as raiñas fundadoras na primavera.

Alumnado de “Cultura Científica”: Charla sobre invasoras a cargo de Antonio López Nogueira, do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo

Alumnado de BACHALERATO: Proxección do documental “Fíos Fóra”, producido por Amarante-Setem e dirixido por Illa Bufarda.

Exposicións:

Bibliografía sobre consumo responsable na Biblioteca

Os fíos soltos da nosa moda (elaborada por Amarante Setem)

Outras actividades:

Mesa de troco (ao longo de toda a semana, coa participación de toda a comunidade educativa)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: