A nosa alumna Vera Santomé, premiada no concurso de relatos de Amnistía Internacional

A nosa alumna VERA SANTOMÉ JUNCAL, de 1º de bacharelato B, vén de recibir o premio ao mellor microrrelato na categoría de menores de 16 anos no II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL VIGO Primeiro as persoas, logo as fronteiras”, sobre a crecente crise de refuxiados que Europa está a vivir nos últimos meses.

Desde o instituto queremos, en primeiro lugar, darlle os nosos máis sentidos parabéns, e en segundo lugar, manifestar o orgullo de termos alumnas coma ela.

No acto de entrega os alumnos e alumnas premiados ou nominados leron os seus relatos e recibiron os agasallos, entre eles Vera, como podedes ver nas fotografías.

Na entrega de premios estiveron Nour Al-Husen Villa, escritora e politóloga sirio-galega que falou da situación dos refuxiados co seu especial punto de vista, desde dentro e desde fóra do seu país, e o escritor galego Francisco Castro, que tratou o tema da literatura e os dereitos humanos.

Estamos seguros de que este é o inicio dunha fecunda carreira como escritora e desexámoslle todos os éxitos do mundo no futuro.

De seguro que estaredes desexando ler o relato co que Vera convenceu ao xurado do seu talento e da súa sensibilidade ante a dor e a inxustiza que están a sufrir moitas persoas refuxiadas nestes mesmos intres:

Selección_030

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: