Día da muller

P1040060Abofé que xa era hora de dar a coñecer o que fixemos dende a Biblioteca “A Poza da Moura” para conmemorar o Día da muller!

Este ano a nosa proposta foi centrar a nosa atención nas mulleres deportistas que, con máis frecuencia da que poderíamos pensar, aínda seguen a sufrir discriminacións por cuestión de xénero cando practican unha actividade deportiva, sobre todo esta se asocia tradicionalmente aos varóns. E non falemos xa das ganancias económicas, moi lonxe das masculinas en case todos os deportes.

Para visibilizar esa situación de desigualdade e valorar como se merecen a tantas mulleres que comprometen o seu tempo e o seu esforzo na práctica do deporte en condicións ás veces moi difíciles, ocorréusenos que o mellor era dar a coñecer ás deportistas do noso centro. Son moitas as mozas que triunfan en deportes tan variados como o remo, o fútbol, o taekwondo, a vela ou o atletismo. Son un exemplo para todos. Parabéns para ellas!

This slideshow requires JavaScript.

Para conmemorar o Día da muller, ademais da exposición que se acabamos de ofrecervos, aportamos unha selección de curtas que foron proxectadas ao longo da xornada na pantalla que hai na entrada do centro. Trátase de curtas relativas ao que se vén denominando como “micromachismos”, que revelan as pegadas da discriminación por razóns de xénero na nosa cotidianeidade; de aí, precisamente desa cultura asumida que esconde prexuízos fondamente enraízados, é de onde proveñen despois as manifestacións máis brutais da violencia de xénero.

Invisibles – Igualdad de género
¿No te ha pasado que…?
Micromachismos: están ahí, aunque no queramos verlos
Hacer las cosas como una niña
48 frases que los hombres escuchan a lo largo de su vida
48 cosas que las mujeres escuchan a lo largo de su vida

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: