Día da Paz e Persoas refuxiadas…

Desta vez, para celebrar o Día da Paz pareceunos obrigado afrontar o conflito das persoas refuxiadas. “Refuxiadas” debería ser sinónimo de “acollidas”, “protexidas”, “amparadas”, pero non parecen entendelo así quen gobernan nestes tempos en Europa… O certo é que o drama de tantas e tantas mortes no Mediterráneo de persoas (moitas delas nenos e nenas) que tentaron fuxir da guerra e chegar a Europa é unha realidade cotiá que nos fai sentir vergoña de sermos cidadáns europeos. A isto hai que engadir que os afortunados que conseguen chegar ás costas do continente europeo atopan muros, barreiras, aramados, alí onde esperaban atopar acubillo e refuxio.

CcIUEzAUYAAMRL5.jpg:largeMañá, 27 de febreiro, está convocada en toda Europa unha manifestación solidaria que esixe unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas. Esperemos que o berro de moitos e moitas de nós sexa escoitado polas autoridades políticas. Senón será difícil explicarlles aos nosos alumnos e alumnas que vivimos nunha Unión Europea que abandeira a defensa dos Dereitos Humanos sobre calquera outra consideración…

A continuación, deixámosvos algunhas imaxes da exposición que organizamos no noso centro con este motivo:

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: