Encontro con autores: Xurxo Souto

591-88989-a-120599Marexada, forte marexada!

Dende o norte de Galicia chegou Xurxo Souto na súa embarcación ao mar de Moaña. Co seu corno na man, arrastrounos a todos os asistentes (profesores, alumnado de 3º e 4º ESO e alumnado de adultos) ao salón de actos do IES A Paralaia.

Alí tivemos o pracer de escoitar como se foi xestando o seu último libro Contos do mar de Irlanda” e ao mesmo tempo fíxonos partícipes da súa documentación. Ademais animou as alumnas e alumnos que investigasen varios termos nas súas casas.

Ensinounos que o traballo no mar é duro, pero sempre se atopa un oco para a ledicia. A mellor maneira de lembrar a súa terra e a súa familia era a música e a comida. Principalmente o cocido dos domingos e as caldeiradas co seu pementón.

índiceXurxo tivo o pracer de coñecer a Xosé, Rosa e Mucha, estudantes da quenda de tarde, con longa experiencia na vida e no mar. Xosé relatou as súas vivencias nas plataformas; e Rosa e Mucha contaron as súas tarefas nas conserveiras, agora pechadas, e a súa labor de mariscadoras.

Deste xeito, deixaron testemuña da fermosura do mar, de todos os segredos que esconde, das ensinanzas que debemos transmitir as xeracións máis novas porque o mar seguirá sendo unha das nosas principais materias primas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: