Contos de medo na biblioteca

Para celebrar a festividade de Todos os Santos (Samaín entre os celtas), recorremos a unha das nosas tradicións: a de contar historias de ánimas de defuntos e mortos aparecidos. O noso obxectivo era asustar un pouquichiño ao alumnado de 1º de ESO, tarefa que non resultou doada, non vaiades pensar. Quen non pasou un chisco de medo algunha vez e, ao mesmo tempo, un momento agradable?

As encargadas de crear o ambiente propicio foron Vera, Sabela e Sheila, do EDLG, que decoraron a biblioteca con candeas e arañeiras para que o noso esqueleto particular se sentise como na súa casa. Gena, a profa de música, encargouse da banda sonora, que nos tivo a todos coa alma en vilo, como a das mellores películas de terror.

Cun feixe de relatos tirados de Arrepíos e outros medos, de Xosé Miranda e Antonio Reigosa (Xerais, Vigo, 2004), mozos e mozas de 3º e 4º de ESO puxéronnos os pelos de punta, ou, polo menos, intentárono. Xa todo o mundo sabe que as xentes do Morrazo son afoutas e non lles mete medo calquera cousa.

Carlos Faria e Candela Carvajal leron “A Compaña”; Cristian Paz, “O chupasangues”; Eloi Corral, “A misa das ánimas”; Ismael Freire, “A ánima do músico”; Ismael Cancelas, “A casa de enfronte” e Cédric Piñeiro, “O espírito do pozo”.

O medo” de Xosé Filgueira Valverde foi contado por Brais González, Daniel Martínez, Denis Nogueira, Iván Santomé, Ismael Verde e Sergio Rúa, mentras Iria Abal sincronizaba música e vídeo.

Tamén se animou Mónica, profa de Lingua Castelá, que pechou cada sesión co relato titulado “A caveira do morto”. Non vos podedes imaxinar o que se pode facer simplemente cunha candea acesa na escuridade ou cunha lanterna!

A todos e a todas os nosos parabéns e o noso agradecemento!!!

This slideshow requires JavaScript.

Xa esquecíamos dicirvos que o ambiente xa se propiciara grazas aos murais preparados polos alumnos/as de 1º e 2º ESO sobre a festa do samaín e a relación coas festas en Bretaña, Galicia e América. Aquí tedes algunhas imaxes:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: