Biblioteca escolar, base de exploracións

Comezado o curso escolar 2015-16, retomamos o noso blogue con renovados folgos e coa esperanza de que sirva para expandir o noso compromiso coa lectura e coa aprendizaxe. Nada nos gustaría máis que desenvolver na comunidade escolar unha asociación entre biblioteca e aventura, biblioteca e exploración, biblioteca e descubrimento.

Nese sentido, o lema “Biblioteca escolar, base de exploracións”, elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares, esboza ese desexo compartido, desexo ilustrado moi axeitadamente polo autor de cómic FRAN BUENO.

Coma nos lembran dende Bibliotecas escolares: “O lema “Biblioteca escolar, base de exploracións” chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.”

Aquí vos deixamos o cartel… e os nosos mellores desexos para este curso que comeza! Apuntádevos á aventura?;)

cartel_def_15_petit1

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: