Concurso de Fotodenuncias

Selección_003Foi un pracer comprobar -unha vez máis;)- o bo facer dos rapaces e rapazas do noso instituto, desta volta nun concurso de fotodenuncias no que importaba tanto o talento para a fotografía coma a sensibilidade social e medioambiental. E abofé que o alumnado do noso centro amosou tanto o talento como a sensibilidade! Boa proba foi o traballo que levou o primeiro premio, que vos amosamos a continuación, formado por unha serie de imaxes que constitúen unha contundente reportaxe gráfica de denuncia do abandono sufrido por unha das nosas praias, moi visitada no tempo de verán. Os seus autores, Iván Santomé e Samuel Hermelo, de 4º da ESO, recibiron como premio polo seu traballo un lote de produtos de comercio xusto. Tamén un alumno de 1º de Mecanizado, Alberto Pena Fervenza, mereceu un segundo premio por un traballo que denunciaba o abandono no que se atopa a beirarrúa do entorno do noso centro. Lembramos que esta actividade enmarcouse na Semana de Consumo Responsable, da que temos falado polo miúdo en entradas anteriores.

Dende aquí so podemos dar as grazas máis sinceras a todos os participantes e animalos a aportar o seu bo facer en vindeiras edicións do noso concurso. Para rematar, deixámosvos a continuación a presentación que mereceu o primeiro premio:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: