“Criaturas”, nova revista sobre Literatura Infantil e Xuvenil

criaturasNeste mes de abril é obrigado celebrar a existencia da publicación dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) de Galicia. Nun momento en que a lingua e a cultura de noso sofren os pantocazos da crise (un perigoso tsunami en palabras do editor Manuel Bragado) e o desinterese da administración, Ledicia Costas e Daniel Landesa reúnen a afouteza necesaria para pór en marcha esta encomiable e xenerosa iniciativa que, como indican no editorial do número cero, que saíu en decembro de 2014, “precisa de todo o noso coidado e afecto para axudarlle a emprender o voo”.

Ademais de Ledicia e Daniel, detrás de Criaturas están outras persoas do mundo da escrita, como María Lado, Xabier P. Docampo ou Agustín Fernández Paz, mais tamén do mundo da crítica e da ilustración, así como estudosos da literatura xuvenil e os seus difusores nas bibliotecas, blogs e centros de ensino. A todos estes sectores pretende chegar Criaturas e en especial aos lectores, “os que esperan atopar en cada páxina unha emoción inesquecíbel”.

A revista, da que nos chega este abril o número un, está estruturada en varias seccións. Comeza cun Monográfico no que se aborda en profundidade unha cuestión (as criaturas fantásticas no número cero e o humor no primeiro número) seguido da sección Constelacións, que nos proporciona unha cumprida listaxe de lecturas relacionadas co monográfico. No Cara a Cara que vén a continuación dialógase sobre a cuestión tratada no Monográfico; así, no número cero o entrevistado é o ilustrador e autor de banda deseñada Jacobo Fernández Serrano mentres que no número un son Paula Carballeira e Francisco Castro os que conversan sobre Selección_016o humor na LIX. Moi útil resulta tamén a Sección de Crítica, na que recoñecidas voces da escrita e a crítica galegas nos achegan as súas reflexións sobre as publicacións máis recentes no ámbito da LIX en Galicia ou análises e relecturas de obras editadas hai tempo. 

Finalmente, queremos destacar dúas seccións: as propostas didácticas (lecto-escritura, animación lectora…) e o apartado dedicado ás librarías. Agradecemos que se proporcionen recursos para fomentar a lectura e que se recoñeza o labor dos libreiros e libreiras que contra vento e marea manteñen as naves á boia: elas e eles son o escaparate da nosa cultura en moitas vilas e cidades galegas. Por certo, no número un a seleccionada é a libraría El pozo de los tres deseos de Cangas do Morrazo.

Parabéns a todas e todos os responsables de que Criaturas estea nas nosas pantallas. Desexámoslle un longo e fecundo percorrido entre nós. Aquí podedes ler este número un:

numeroun-306x410

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: