OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON XOSÉ TOMÁS

XoseTomasPara conmemorar este ano o Día do libro, o martes 21 de abril os alumnos de 2º da ESO tiveron na biblioteca unha actividade dirixida polo ilustrador e debuxante de banda deseñada Xosé Tomás. En dúas sesións de 50 minutos, o autor fixo unha exposición das orixes do medio, e dalgúns dos seus recursos característicos (viñetas, bocadillos…) mediante proxeccións.

Ademais, e utilizando grandes planchas de papel, foi deseñando e exemplificando eses recursos con ilustracións propias. Na primeira sesión non foi posible por falta de tempo, mais na segunda os alumnos puideron experimentar os asuntos tratados polo autor, creando as súas propias viñetas orixinais.

jpgO comportamento do alumnado foi exemplar, a exposición de Xosé Tomás resultou moi completa e amena; o balance final da actividade é , por tanto, moi positiva. Para rematar a xornada, o ilustrador tivo a amabilidade de adicarnos varios exemplares da súa obra Nómades, que temos aproveitado en varias ocasións nos clubs de lectura do noso centro.

Deixámosvos unhas imaxes e un pequeno fragmento do seu obradoiro:

This slideshow requires JavaScript.


Obradoiro banda deseñada from Biblioteca A Paralaia on Vimeo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: