ACTIVIDADES DA IV SEMANA DE CONSUMO RESPONSABLE (II)

P1020834Este ano, na nosa Semana de Consumo Responsable, quixemos impulsar unha actividade que promovese a reflexión sobre a nosa responsabilidade na configuración do espazo que habitamos. Para isto contamos coa colaboración do estudo Rurban, que está a desenvolver un proxecto denominado Camiños Seguros do Morrazo. Os seus responsables, Martín Barreiro e María Masaguer, propuxeron ao alumnado de primeiro de bachalerato mapear os camiños seguros entre Moaña e Cangas, concienciándoo sobre o terreo con respecto ao valor do noso patrimonio ambiental e cultural.

Os “Camiños Seguros do Morrazo” son unha proposta de creación+recuperación dunha rede infraestrutural, os camiños, que devolve á veciñanza a posibilidade de se desprazar de xeito seguro. Trátase dun sistema viario para a mobilidade lenta, no que os protagonistas son o peón e a bicicleta. Outros beneficios potenciais desta nova rede serían o aumento dos espazos para a socialización, a conexión entre os comerzos e servizos a nivel local, así como o incremento da seguridade para e scolares, veciños e ciclistas.

Así, o día 15 de Abril de 2015, acompañados dun tempo neboento pero agradable, percorremos o Camiño Real ao longo de toda a mañá. Aínda que a ruta faise en menos dunha hora, fixémola moi devagar entre charlas, actividades, risas e comentarios. Falamos de #mobilidade #camiños #territorio #cidade_difusa. Unha breve presentación na estación marítima de Moaña deu pé despois a unha andaina e mapeo en grupos observando o camiño cos alumnos do Instituto da Paralaia. O mércores da semana seguinte quedamos de novo no instituto para facer unha posta en común e puidemos pasar un bo rato comentando a actividade e o vídeo-resumo que elaboraron para nós e que aquí vos ofrecemos -non sen antes agradecer unha vez máis o magnífico traballo dos amigos de Camiños Seguros-:

 

TALLER PARALAIA from Rurban on Vimeo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: