ACTIVIDADES DA IV SEMANA DE CONSUMO RESPONSABLE (I)

tierraPasou a IV Semana de Consumo Responsable, pero non pasou a satisfacción e a ledicia que xurdiron de tantos bos momentos, de tantas complicidades entre profes e alumnos, de aprendizaxes compartidos e concienciación ilusionante. Nada mellor que lembrar esa semana precisamente no Día da Terra

A mesa de troco foi, coma sempre, un ‘fixo’ da nosa semana de consumo, o mesmo que as exposicións -unha delas xentileza de Amarante, tamén xa unha tradición- e os obradoiros desenvolvidos por profesores do centro, de temáticas tan variadas, curiosas e interesantes como: reciclaxe de material de refugallo para elaborar instrumentos musicais, elaboración de tintura de propóleo, reciclaxe de teas para elaborar unha manta tipo patchwork, ou fabricación de xabón a partir de aceite usado. Resultou todo un estímulo para futuras edicións da nosa semana de consumo o compromiso amosado polo alumnado e a súa entusiasta participación. Mesmo algúns alumnos e alumnas de cuarto de ESO e de segundo de Bachalerato foron quen -baixo a coordinación dos profesores- de encargarse dos dous obradoiros dirixidos respectivamente ao alumnado de terceiro e de primeiro da ESO.

E, como nova iniciativa todavía experimental, grazas á iniciativa dun profesor e dos seus alumnos de 1º da ESO, puidemos tamén comprobar as posibilidades engaiolantes que nos brindan os bancos de tempo, onde compartir coñecementos, saberes e novas aprendizaxes fóra do circuíto pechado do ensino formal. Abofé que seguiremos profundizando nestes camiños o próximo curso!

Tratouse, xa que logo, dunha experiencia interdisciplinar, transversal e colaborativa, na que compartimos dinámicas de ensino-aprendizaxe entre iguais e na que aprendemos novas formas de reutilizar, reciclar e aproveitar materiais usados ou habitualmente desbotados para xerar novos produtos. No fondo, a finalidade era conseguir que estas actividades movesen á reflexión sobre a nosa responsabilidade na participación dun consumo máis consciente… e tranformador.

Seguro que estades desexando ver algunhas imaxes, non si?;) Deixámosvos con elas, non sen antes dar as GRAZAS a toda a comunidade educativa pola súa participación.

-EXPOSICIÓNS:

This slideshow requires JavaScript.


-OBRADOIRO PARA FACER XABÓN A PARTIR DE ACEITE USADO:

This slideshow requires JavaScript.


-OBRADOIRO PARA ELABORAR UNHA MANTA RECICLANDO TEAS USADAS:

This slideshow requires JavaScript.


-OBRADOIRO PARA ELABORAR INSTRUMENTOS MUSICAIS A PARTIR DE MATERIAL DE REFUGALLO:

This slideshow requires JavaScript.


-OBRADOIRO PARA ELABORAR TINTURA DE PROPÓLEO

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: