Enigmas matemáticos

PosterBibliotecas2014web

Biblioteca escolar… matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 

O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

Con tal motivo, no noso centro estamos dende hai varias semanas a desenvolver varias exposicións, nos corredores e na biblioteca, sobre recursos bibliográficos e visuais relativos ás matemáticas. Nos vindeiros días amosarémosvos algunhas imaxes. Agora cómpre resaltar unha iniciativa que pretende animarnos a utilizar as nosas capacidades para o razoamento matemático e resolver así algúns pequenos enigmas matemáticos que irán aparecendo no corredor, preto da porta da biblioteca. Moito ánimo e, como dicía Poirot, o detective de Agatha Christie, sácadelle partido ás vosas pequenas células grises!;)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: