COMPARTIR MÁIS PARA VIVIR MELLOR…

O IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) decidiu dar nestas datas un novo pulo ao seu compromiso solidario coas persoas máis empobrecidas e coa construción dun mundo máis xusto. Na procura dese obxectivo desenvolverá nesta última semana lectiva una serie de actividades que acolle baixo o lema Compartir máis para vivir mellor. Así, continúase, coma o ano pasado, coa Campaña de recollida de alimentos non perecedoiros para Cáritas, así como coa Mesa de Troco, xa case unha tradición. Se a primeira destínase ás familias de Moaña que están nunha situación de maior precariedade, a segunda ten como obxectivo principal, aínda que sexa de forma moi modesta e case simbólica, practicar no propio centro educativo un pouco de economía solidaria e alternativa, unha economía baseada no intercambio e no consumo responsable, no ben común antes que no consumismo exacerbado tan característico deste tempo de Nadal.P1020492

Selección_001

Por outra banda, seguindo coa campaña de sensibilización sobre o problema de crecente empobrecemento que estamos a padecer no noso país, haberá na sala de alumnos unha pequena exposición relativa a esta temática (que se complementará con outra sobre contrapublicidade no tempo de nadal).

E, por último, organizaremos un sinxelo ‘photocall’ para que todas as persoas da comunidade educativa que o desexen poidan facerse unha foto denunciando unha situación que cada día que pasa resulta máis insoportable para moitas familias, algunhas delas -cada vez máis, por desgracia- con fillos e fillas que cursan estudos aquí mesmo, no IES A Paralaia. Porque estamos convencidos, hoxe máis que nunca, de que dificilmente poderemos garantir a equidade educativa se non acadamos unha mínima equidade social…Selección_002

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: