Vinte e sete idiomas para o poema “Penélope”, de Díaz Castro

Aínda que o ano 2014 xa vai camiño do seu remate, non podíamos deixar de lembrar a figura e a obra do noso homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro. Desta vez, foi unha exposición que nos trouxeron os compañeiros do ENDL e do Departamento de Lingua Galega. A exposición, baixo o título “Vinte e sete idiomas para un poema”, céntrase en “Penélope”, unha das máis recoñecidas obras de Díaz Castro, entendida como unha metáfora de Galicia e do compromiso dos galegos coa súa terra.

Os equipos de dinamización lingüística dos IES Monte Carrasco, de Cangas, e do IES Carlos Casares, de Vigo, son os responsables da elaboración desta exposición. Xunto ás traducións, temos o poema titulado “Ulises”, elaborado polo escritor Claudio Rodríguez Fer, que podemos interpretar como unha contestación ás esperanzas de Penélope.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: