A FRASE CÉLEBRE

P1020453Inauguramos este curso un novo espazo que chamamos “A frase célebre”. Periodicamente, iremos situando nun recuncho da sala de alumnos, xunto á entrada da cafetería, unha frase que nos pareza curiosa, interesante, estimulante… e unha pequena biografía do seu autor. Esperemos que esta nova iniciativa do equipo da biblioteca sexa do voso interese!

Para comezar contamos cunha frase que nos lembra a importancia do coñecemento, das súas vantaxes e os seus inconvenientes: “Se o coñecemento pode crear problemas, non será grazas á ignorancia que os resolvemos”. O seu autor, Isaac Asimov (1920-1992), un dos máis famosos escritores de ciencia-ficción e de divulgación científica. Escribiu arredor de cincocentas obras ao longo da súa vida. Entre as súas novelas destacan Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación, triloxía que mereceu o Premio Hugo á mellor serie de divulgación científica de todos os tempos. Tamén cómpre mencionar os seus relatos de robots, nos que, baseándose nas “Tres Leis da Robótica” por el creadas, fai unha crítica contra calquera clase de racismo: Eu robot, Soños de robot e O home bicentenario recollen varios destes contos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: