CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

CONCURSO LITERARIO

Para ABRAIAR, AMEDRENTAR, ASUSTAR, ATEMORIZAR, ESCORRENTAR, ESPANTAR ou ESPAVENTAR nestas datas próximas ao Samaín…

PARTICIPA NO CONCURSO DE CONTOS DE MEDO MEDO ME DÁ!

IMAXE MEDO

Bases do concurso

1. PARTICIPANTES: de calquera curso e idade.

2. MODALIDADE: individual ou por parellas.

3. NARRACIÓNS: as narracións deberán ser orixinais, de extensión libre, estar ben escritas e dar mooooito medo; ademais, deberán acompañarse dunha imaxe (terrorífica) que as ilustre.

Quen o desexe, poderá ensaiar o seu relato para representar na biblioteca ante os seus compañeiros.

Os relatos gañadores publicaranse no blog da biblioteca.

4. XURADO: estará composto por membros do EDLG.

5. PREMIOS: haberá tres suculentos premios, un para cada nivel (1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO e Bacharelato), pensados para pasalo de medo.

6. DATA DE ENTREGA: 7 de novembro (no Departamento de Lingua Galega ou a calquera profesor/a do mesmo). Deberán presentarse nun sobre co pseudónimo por fóra e co nome real e curso por dentro.

E se precisades un pouquiño de inspiración terrorífica, botade un ollo a esta presentación…

Terror galego from quendadeira
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: