O día da pobreza, día “contra a riqueza”

gt7idmqivmaxmat2q05v

Comezamos o novo curso cun ‘post’ sobre un tema que nos preocupa especialmente, aínda que non se ‘estuda’ a miúdo nas nosas aulas, non aparece demasiado na prensa, non parece que estea nun lugar prioritario na axenda dos nosos gobernantes. Falamos da pobreza crecente que nos envolve e parece querer asolagarnos por todas partes.

En moitos lugares do mundo a pobreza é extrema, absoluta, e leva a centos de miles de persoas a morrer de fame acotío. En España e en Galicia esa pobreza extrema non chegou aínda, afortunadamente, pero a situación empeora por momentos… mentres mellora a duns poucos voitres que se nutren do empobrecemento de moitos. Así, a desigualdade fainos o triste honor de situarnos á cabeza de Europa. En ningún país como en España aumentaron nos últimos anos as diferenzas entre uns poucos, os máis ricos, e a maioría, os empobrecidos. Por iso é moi acaído o lema elixido este ano por “Pobreza Cero” para conmemorar a o Día da pobreza, celebrado o pasado venres, 17 de outubro: “Contra la riqueza que empobrece, actúa”. En Vigo, a Rede Social Galicia Sur sumouse a esta campaña cun photocall que tivo a colaboración de moitos veciños e veciñas da cidade.

web_alianza

 

E, polo mesmo, parécenos moi oportuna a campaña desenvolvida dende una organización local de Vigo, a ODS-Coia, que fala do “Día contra a riqueza” e reivindica unha renda básica para todas as persoas que garanta a toda a cidadanía unha vida digna. Oxalá ese día chegue máis pronto que tarde. So falta que actuemos para acadalo…

17_10_dia_riqueza_risga_rbis_0

Non queremos rematar sen lanzar unha mensaxe de esperanza:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: