Palestra do grupo de consumo “Patacas do cedo”

O pasado día 11 de abril, case como peche da nosa III Semana do Consumo Responsable, tivemos a oportunidade de escoitar a Juan e a Ruth, integrantes dun grupo de consumo de Moaña chamado “Patacas do cedo”. O alumnado de bachalerato puido escoitar de primeira man, por boca de dous conveciños seus, todo o que se pode facer se se opta decididamente por un consumo consciente… e transformador -transformador porque nos cambia a nós e cambia o mundo que nos arrodea-. Estamos seguros de que volveremos a contar coa súa presencia e a súa palabra en cursos vindeiros.

Circunstancias diversas non nos permitiron ofrecervos estes vídeos ata agora, pero non queríamos pechar o curso 2013-14 sen esta última entrada…


“Patacas do cedo”: Primeira parte from Biblioteca A Paralaia on Vimeo.

“Patacas do cedo”: Segunda parte from Biblioteca A Paralaia on Vimeo.

Como vedes, ao final da segunda charla -que quixemos ‘distinguir’ con ese formato de cómic- Juan propuxo unha actividade para que os alumnos e alumnas expresasen de xeito improvisado as medidas que se lle viñan á cabeza para actuar responsablemente co noso consumo. As respostas foron moi variadas, pero non nos resistimos a ofrecervos unha boa mostra das mesmas, que fala ás claras do grao de concienciación destes mozos e mozas:

  • Reciclar máis

  • Comer produtos ecolóxicos

  • Cultivar alimentos para autoconsumo

  • Desenchufar os aparellos eléctricos

  • Apagar as luces cando non se precisan

  • Pechar a billa mentres lavas os dentes, te afeitas ou lavas a louza

  • Consumir pescados, froitas, produtos da horta locais e de tempada

  • Compartir produtos entre os teus achegados

  • Reutilizar o papel

  • Camiñar e/ou utilizar a bici para desprazarse

  • Mercar directamente aos produtores, sen intermediarios

  • Informarnos a través da rede das mellores opcións

  • Mobilizarnos para cambiar as cousas

  • Mercar produtos a granel, non envasados

  • Non imprimir a non ser que sexa imprescindible

  • Reducir o consumo

  • Mercar produtos de comercio xusto

  • Esixir xustiza nas relacións cos produtores e distribuidores

  • Reutilizar a roupa (intercambiándoa con outras persoas)

  • Mercar en cooperativas

  • Non deixarse seducir polas modas

E a vós, que se vos ocorre?;)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: