50 anos de Mafalda e 100 anos de “Platero y yo”

Estamos de noraboa! O Premio Príncipe de Asturias na categoría de Comunicación e Humanidades foi parar neste ano 2014 a unha nena chamada Mafalda que ten a ‘manía’ de aprendernos sobre como vai o mundo mentres nos incomoda coas súas preguntas e nos provoca un sorriso… de complicidade? Que como fai todo isto en apenas dúas ou tres viñetas? Nin idea… habería que preguntarlle a Quino, o seu creador. Mentres tanto, agora que se celebran tamén os 50 anos do seu ‘nacemento’ é unha boa ocasión para homenaxealos a ambos (criatura e creador) da mellor maneira posible: pasando un bo rato na súa compaña.



Sucede que nisto das conmemoracións, efemérides e demáis aniversarios danse ás veces as máis extrañas casuísticas: así, neste ano no que se cumpren os 50 anos de Mafalda celebra nada menos que os 100 unha figura que parece oposta á da nena resabiada, impertinente e contestona: o burro inocente, tenro e bonachón que protagoniza a obra Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez. Tamén neste caso foron moitas as homenaxes. Para mostra un botón:



E tamén desta vez nós tiñamos que participar aportando o noso pequeno grao de area… Aquí tedes unha mostra:


Pero como estamos feitos uns auténticos ‘transgresores’ e nada nos mete medo, atrevímonos co máis difícil todavía, facendo que foran as personaxes de Mafalda quen fixeran a súa particular homenaxe a obra de Juan Ramón Jiménez. E abofé que non nos quedou mal!;)

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: