Como cho digo;-)

470785364_640Estamos ás portas dun 17 de maio máis, que no seu día foi un gran paso adiante (corría o ano 1963) e, unha vez que se esvaezan os actos conmemorativos arredor de Xosé María Díaz Castro, o galego seguirá a dar pasos atrás, como vén sendo habitual nestes últimos anos.


Un paso atrás no ensino, onde pasamos de aspirar a impartir o 50% das materias na nosa lingua a someternos a un decreto que reduce notablemente a súa presenza nas aulas. Outro paso atrás na administración, e na xustiza e no comercio e nos medios de comunicación… Son moitos pasos atrás.


Por iso, alegrámonos de que xurdan iniciativas que supoñan pasos adiante, aínda que nos sentiriamos moitos máis ledos se os promotores fosen as institucións, xa que é a súa obriga, e non a cidadanía. É o caso da campaña Como cho digo;-), que pretende que os medios de comunicación fagan visible o idioma galego, unha lingua na que se expresan habitualmente moitas galegas e galegos que son sistematicamente traducidos ao castelán en xornais que cobran suculentas subvencións da Xunta de Galicia (no DOG do 29 de novembro de 2013 figuran 583.974,81 euros para La Voz de Galicia e 234.904,90 para o Faro de Vigo, por poñer dous exemplos).


Desde o EDLG animámosvos a que, individual ou colectivamente, vos sumedes a esta xustísima reivindicación na súa web comochodigo.eu despois de botarlle unha ollada ao seu vídeo de presentación.


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: