Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro

image_galleryComo ben sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura e á obra dun poeta moi singular: Xosé María Díaz Castro. Díaz Castro é un poeta total, que busca a beleza por riba de todo, unha beleza que percibe e expresa en comuñón coa natureza e na que agroma a espiritualidade fonda dun ser de requintada sensibilidade…


Se queredes coñecelo mellor, podedes facer ir a este enlace ou botarlle un ollo ao seguinte documento:

Captura de pantalla de 2014-05-15 22:08:22


A nosa compañeira Carmen Penim, que integra con Maurizio Polsinelli o dúo musical 2na Fronteira, fixo preciosas versións de varios dos seus poemas. Aquí tedes unha mostra:


E se credes que é un poeta demasiado difícil para os máis xoves, a ver que vos parecen os vídeos que seguen, obra do alumnado do IES de Guitiriz que leva o nome do noso autor (máis información aquí):




Pero nós tampouco nos quedamos atrás!;D Como ben sabedes, un grupo de alumnos de terceiro da ESO do noso centro está visitando moitas das aulas para ler algúns dos mellores poemas de Díaz Castro. Así aprenden e nos aprenden a ler e a escoitar poesía que merece, mesmo esixe, ser lida e escoitada por quen queira redescubrir a beleza do mundo que nos arrodea…


Ademais, algúns alumnos de 4º de PDC atrevéronse tamén a poñerlle música e imaxes aos poemas de Díaz Castro. Non o fixeron mal, abofé!;)


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: