Día mundial do libro

imagesEste ano, con motivo da celebración do Día mundial do libro, parece obrigado referirse á recente morte dun dos grandes escritores en lingua española: Gabriel García Márquez. Poucos autores acadaron unha fama tan universalmente recoñecida e poucos teñen un estilo tan persoal e suxestivo. García Márquez, en obras como a celebérrima Cien años de soledad, ou outras como El amor en los tiempos del cólera, El coronel no tiene quien le escriba ou Crónica de una muerte anunciada deixounos, cunha prosa chea de matices, posuída dunha particular musicalidade, dun ritmoíndice inconfundible, un universo literario certamente apaixoante.

So podemos recomendarvos vivamente a súa lectura. De seguro non quedaredes defraudados!


Por outra banda, este ano, con motivo de data tan sinalada, a Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, na súa mensaxe en representación do organismo internacional, afirma que: “… A nosa finalidade está clara: alentar aos autores e artistas e velar por que a alfabetización e os formatos accesibles cheguen a máis mulleres e homes, porque os libros son as nosas ferramentas máis poderosas para erradicar a pobreza e construír a paz” (máis información aquí).


Ademais, as Bibliotecas Escolares de Galicia conmemoran a data cun texto do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos dende a publicación do seu libro As cousas de Ramón Lamote, primeiro premio Barco de Vapor para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro en galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986), e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), catálogo que recolle unha lista de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia. O texto de Paco Martín o tedes aquí. Como sinala nun dos seus parágrafos para referise ao libro, este é: “A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser”.


E xa que se trata de ler ante todo, aquí tedes un vídeo que vos anima… aínda que non o precisades, non si?;)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: