Día da Terra… e Semana de consumo responsable

Onte celebrouse en todo o mundo o Día da Terra, que ten por obxecto lembrar a responsabilidade que todos e todas temos á hora de coidar e protexer o noso planeta, que é a nosa casa común.


Nós queremos aproveitar esta data para amosarvos algunhas imaxesimages da III Semana de consumo responsable, que celebramos recentemente. Foi moito o traballo desenvolvido dende a comunidade educativa do IES A Paralaia. De seguro que servirá para adquirir unha maior concienciación sobre as repercusións que os nosos actos, a nosa forma de vida, os nosos hábitos de consumo, poden ter na configuración dun mundo máis xusto e sostible.


Voltaremos o ano que vén cunha nova semana de consumo responsable. Entre tanto, o prometido é débeda. Aquí tedes as imaxes, respectivamente, de: unha pequena reportaxe que apareceu en televisión, das exposicións sobre a bibliografía relativa a esta temática que fixemos desde o equipo da biblioteca, a publicidade oculta do inglés (elaborada polo alumnado de 3º de PDC), a invasión dos plásticos (elaborada polo alumnado de 1º de bachalerato), “NonTconsumas” (elaborada polos nosos amigos de Amarante) e o obradoiro sobre a reutilización de botellas de plástico para elaborar obxectos decorativos, no que participou alumnado de segundo da ESO:

This slideshow requires JavaScript.

This slideshow requires JavaScript.

This slideshow requires JavaScript.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: