Día Mundial do Autismo

Autismo-fita3

Hoxe conmemórase o Día Mundial do Autismo, e queremos facernos eco da mensaxe que nos chega desde a ONU a fin de concienciarnos sobre a importancia de actuar xa en apoio de todas as iniciativas que favorezan a plena integración das persoas autistas:


«O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo non ten por único obxecto xerar comprensión; é unha chamada á acción. Insto a todas as partes interesadas a participar na promoción dos avances prestando apoio a programas de educación, oportunidades de emprego e outras medidas que axuden a facer realidade o noso ideal común dun mundo máis inclusivo.»

Mensaxe do Secretario Xeral, Ban Ki-moon con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2014


No noso entorno máis próximo chéganos, un ano máis, a iniciativa de dous compañeiros, Olga Lalín e Seso Durán, profesores de ensino secundario e pais de Manuel, un neno de cinco anos que ten autismo. Para dar visibilidade a este trastorno, regálannos un precioso vídeo que queremos compartir con todos e todas vós. Disfrutádeo, porque paga a pena:


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: