Día Internacional da Muller

muller traballadoraO 8 de marzo conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, que segue a sufrir abusos de todo tipo e en todo lugar pola imposición do sistema patriarcal e capitalista a escala mundial. Os datos son contundentes: violencia de xénero física, psicolóxica e cultural, teitos de cristal, discriminación laboral e salarial, prexuízos éticos e estéticos…

Non podemos tolerar estas situacións e, en particular desde o ámbito da educación, debemos actuar proactivamente para a construción de modelos alternativos, feministas e -de verdade- horizontais. Neste sentido, queremos aproveitar esta entrada para achegarvos os magníficos traballos de dúas compañeiras, que conteñen unha amplísima información con actividades para traballar nesta liña: “Recursos día da muller traballadora” e “Día da muller-coeducación-igualdade”.

O lema elixido este ano para pola ONU é: “Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s”. Preténdese poñer de manifesto como “a igualdade de xénero, o empoderamento das mulleres, o respecto total dos dereitos humanos das mulleres e a erradicación da pobreza son esenciais para o desenvolvemento económico e social”.

Tamén queremos compartir dous vídeos que fan respectivamente un breve percorrido histórico a través de datas significativas para a celebración deste Día da muller e unha análise da discriminación da muller no marco do sistema capitalista e patriarcal no que vivimos. Esperemos que vos gusten!


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: