Día de Rosalía

20090119110122-rosalia-de-castroO 24 de febreiro, celebremos o Día de Rosalía! Esta data, ultimamente obxecto de polémica pola súa eliminación do calendario oficial da Consellaría de Cultura, vén de ser recuperada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega de Editores, segundo unha nova aparecida recentemente na prensa.

Non imos agora a contar nada que non se saiba xa de quen é o gran símbolo, a figura central do noso edificio literario. Quizáis tan so cómpre retomar a súa obra e lela con ollos de hoxe para atopar -de novo- o que so conseguen os grandes clásicos: falarnos a nós, aquí e agora, a través dos anos e dos séculos…

Por iso nos parecen oportunas estas palabras do Manifesto que o ano pasado publicou a AELG a partir dun texto de Rexina Vega:

rosalia_de_castroRosalía fala para o agora da lectura e neste agora a empatía, a rabia, a análise e denuncia que alenta na súa obra fánsenos especialmente necesarias. Nestes intres de esgazamento, de destrución das conquistas sociais, de empobrecemento xeneralizado, de incerteza, Rosalía axúdanos a ser conscientes, politicamente conscientes, da comunidade de excluídas, desa poboación crecente que avanza cara ao desposuimento e o silencio. Nas tristes colas do paro, nos comedores sociais, nas despedidas dos milleiros de xentes novas que abandonan o país, nos desafiuzamentos, na desesperación das enganadas pola cobiza bancaria, na longa angustia das que agardan unha operación cirúrxica, nas mestras desbordadas, nas avoas que precariamente amparan  fillos e netos resoa a voz de Rosalía, dando voz ás que non teñen voz, ás que fican á marxe”

E, na mesma liña, queremos rematar cun vídeo que amosa a lectura colectiva e compartida de textos de Rosalía por parte de escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas… Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: