Obradoiro de banda deseñada con Xosé Tomás

Xa moi preto das vacacións de Nadal tivemos a visita de Xosé Tomás, a quen xa coñecíamos grazas á súa obra Nómades, que durante dous anos consecutivos ten sido lectura compartida e comentada para as compañeiras e compañeiros do noso club de lectura, “A poza da moura”. Eles foron quen en primeiro lugar nos falaron con entusiasmo do magnífico traballo deste autor galego de banda deseñada. Así que cando descubrimos que ofrecía obradoiros aos centros educativos non o dubidamos!

O alumnado de terceiro da ESO foi o afortunado en participar neste obradoiro, no que Xosé Tomás fixo un percorrido entre divertido e nostálxico pola historia da banda deseñada e polos termos que se utilizan para referirse a esta xénero artístico. E despois deu paso ao obradoiro propiamente dito, facendo unha pequena demostración á rapazada e invitándoa a desenvolver o seu talento creando una viñeta orixinal. E abofé que tivo éxito co seu ‘desafío’! Uns e outras deron renda solta á súa imaxinación e participaron con entusiasmo na iniciativa. Parabéns para todas e todos polo seu bo facer!

 E grazas a Xosé Tomás por aprendernos a coñecer mellor e a apreciar aínda máis o xénero da banda deseñada!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: