Quincena musical

Este ano, dende o departamento de Música, e enmarcado dentro da quincena musical, conmemoramos o bicentenario do nacemento do músico italiano Giuseppe Verdi (1813-1901) e do músico alemán Richard Wagner (1813-1883).

As actividades desenvolvidas ó longo da Quincena Musical foron as seguintes:

  • Exposición de murais elaborados polo alumnado de música sobre os principias teatros de ópera nos que foron estreadas algunhas das pezas máis representativas de Verdi e Wagner, así como as cidades italianas ou alemanas que albergan ditos teatros.

  • Proxección de documentais biográficos e vídeos das pezas máis destacadas dos dous músicos.

  • Exposición dos traballos do alumnado sobre a ópera no cine, despois de teren analizado as arias dos músicos homenaxeados presentes nalgunhas películas.

  • Lectura, resumo, posterior lectura colectiva e gravación, diante dun photocall con imaxes dos dous músicos, dos dous capítulos incluídos no libro “Los músicos clásicos también pecan” de Fernando Argenta.

  • Exposición de material bibliográfico e audiovisual na biblioteca sobre a ópera, os compositores Wagner e Verdi, e as súas obras musicais.

This slideshow requires JavaScript.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: