III Mesa de Troco do IES A Paralaia

Selección_030

Como ben sabedes, desde o IES A Paralaia estamos a traballar desde hai tempo no ámbito do consumo responsable. Parécenos un tema esencial para promover a concienciación de todas e todos nós sobre a incidencia que os nosos hábitos de consumo teñen no mundo que vivimos, especialmente nestes tempos de crise…

Partindo dese compromiso cun consumo consciente e transformador, aproveitamos a proximidade das datas do tempo de Nadal para desenvolver a nosa III Mesa de Troco durante os días 9, 10 e 11 de decembro. Para isto foiimprescindible a participación do noso alumnado e das súas familias, que colaboraron aportandocousas que non utilizaban, que estaban en bo estado e que podían ser útiles para outras persoas. Todos eses obxectos conformaron a mesa de troco, aberta a toda a comunidade educativa. Ao principio houbo unha mezcla de vergonza e dúbidas á hora de levar cousas da nosa mesa: moitas alumnas e alumnos crían que había que deixar sempre algo a cambio, ou ben, polo mundo no que vivimos, dicían sentirse mal por levar algo sen ter que pagar por iso. A idea era xustamente amosar que podíamos compartir sen que tivese que haber necesariamente algún tipo de intercambio: cada quen podía levar o que quixese.

O obxectivo principal foi, aínda que sexa de forma moi modesta e case simbólica, practicar un pouco de economía solidaria e alternativa, unha economía baseada no intercambio e no consumo responsable, no ben común antes que no consumismo exacerbado tan característico deste tempo de Nadal. Estivemos así, case sen decatarnos, dando pequenos pasos no camiño cara ese outro mundo posible e cada vez máis necesario…

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: