Baladre. 30 anos loitando contra o empobrecemento

O pasado 25 de novembro tivemos a oportunidade de escoitar no noso centro unha charla a cargo de Manolo S. Bayona, baixo o título: “Baladre. 30 anos loitando contra o empobrecemento”. Baladre é unha coordinación a nivel estatal de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Está formada por colectivos e xentes baixo unha vontade común: a loita contra a desigualdade e a inxustiza que provoca o capitalismo.

Manolo S. Bayona leva toda unha vida de compromiso e solidariedade coas persoas máis empobrecidas, loitando xunto a elas na procura dun máis xusto reparto da nosa riqueza común e reivindicando unha Renta Básica das iguais (Rbis) para acadar este obxectivo. Ao final, trataríase de cortar de raíz con este sistema, que provoca tanta dor e sufrimento, para substituír os valores individuais do ‘vivir ben’ polos valores comunitarios do ‘bo vivir’.

 Aquí vos deixamos o vídeo da súa charla. Agardamos que a desfrutedes tanto coma nós!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: