Día mundial da sida

lazo-sida Onte celebrouse en todo o mundo o Día mundial da Sida, que fai unha chamada á concienciación nestes tempos en que a enfermidade está menos presente nos medios de comunicación debido aos avances que se acadaron na loita contra esta pandemia. Certamente, hai datos que invitan ao optimismo: ONUSIDA informa dunha redución do 52% en infeccións novas de VIH entre nenos e dun recorte do 33% para o conxunto de nenos e adultos desde 2001. O mundo está chegando ao Obxectivo 6 de Desenvolvemento do Milenio: ter detido e reducido a epidemia global da SIDA.

Baixan as novas infeccións de VIH

Calcúlase que as novas infeccións de VIH entre adultos e nenos chegaban a 2,3 millóns en 2012, o que representa unha redución do 33% dende 2001. As infeccións novas entre nenos baixaron a 260.000 en 2012, un 52% menos que en 2001.

Menos mortes relacionadas coa SIDA

As mortes relacionadas coa SIDA tamén descenderon, nun 30%, dende a cota que se acadou en 2005, a medida que o acceso ao tratamento con antirretrovirais ampliouse.

Avance na terapia con antirretrovirais

A finais de 2012 uns 9,7 millóns de persoas en países de ingresos medios e baixos tiñan acceso a terapia con antirretrovirais, o que representa un aumento de case o 20% en só un ano. En 2011, os Estados Membros da ONU acordaron que para 2015 uns 15 millóns de persoas debían beneficiarse de ese tipo de tratamento.

Segundo datos de 2012, calcúlase que:

  • 35,3 millóns de persoas viven con el VIH no mundo

  • 2,3 millóns de persoas contraxeron a infección polo VIH

  • 1,7 millóns de persoas morreron a causa de enfermidades relacionadas coa sida

14777623-red-sida-concepto-de-cintas-arbol-de-ilustracion-vectorial-capas-para-la-manipulacion-facil-y-person10 obxectivos para 2015

  • Reducir á metade a transmisión sexual do VIH, tamén entre os xoves, os homes que teñen relacións sexuais con homes e no contexto do comercio sexual;

  • Acabar coa transmisión vertical do VIH e reducir á metade a mortalidade materna relacionada coa sida;

  • Evitar que se produzan novas infeccións polo VIH entre los usuarios de drogas;

  • Proporcionar acceso universal á terapia antirretrovírica ás persoas seropositivas que reúnen as condiciones para recibila,

  • Reducir á metade as mortes a causa da tuberculose entre as persoas que viven co VIH;

  • Garantir que as persoas seropositivas e os fogares afectados polo virus inclúense nas estratexias de protección social nacionais, e que teñen acceso a servizos básicos de atención e apoio;

  • Reducir á metade o número de países que aplican leis e prácticas punitivas en torno á transmisión do VIH, o comercio sexual, o consumo de drogas ou a homosexualidade;

  • Eliminar as restricións á entrada, á estancia ou á residencia relacionadas co VIH na metade das nacións que as aplican;

  • Garantir que polo menos a metade de todas as respostas nacionais ao VIH atenden as necesidades relacionadas co virus de mulleres e nenas;

  • Non tolerar a violencia baseada en cuestións de xénero.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: