Premios Nacionais de Poesía, Banda deseñada e Narrativa para autores galegos

Supoñemos que xa coñecedes a boa nova: os Premios Nacionais deste ano de Poesía e Banda Deseñada recaíron en autores galegos que escriben en na nosa lingua, respectivamente Manuel Álvarez Torneiro e Miguelanxo Prado. Ademais, o Premio Nacional de Narrativa foi a parar a outro autor galego, aínda que escribe en castelán: José María Merino (no seu caso pola novela El río del Edén).

Manuel Álvarez Torneiro foi galardoado pola súa obra Os ángulos da brasa, que é o primeiro poemario escrito en galego que mereceu o Premio Nacional de Poesía: basta ese dato para facernos ver a súa transcedencia. Pola súa banda, Miguelanxo Prado recibiu o seu premio pola súa última obra, titulada Ardalén.

Parécenos que a nosa mellor homenaxe a estes autores é dalos a coñecer neste blogue coas imaxes dalgunha entrevista, así como dalgunha das súas creacións, que nos fan sentir orgullosos da nosa cultura e da nosa lingua.

Parabéns a todos eles desde o IES A Paralaia!




Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: