II Semana de consumo responsable. Día internacional da reciclaxe

OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE
Os alumnos dos tres cursos de 2º ESO participaron durante a Semana de consumo responsable, celebrada desde o 13 ao 16 de maio, nos obradoiros desenvolvidos por profesionais da Cooperativa Teixugo que traballa na Educación Ambiental. Estes talleres tiñan unha temática distinta para cada curso.

FACENDO XABÓN
Neste obradoiro participaron os alumnos de 2º ESO B.
O aceite para reciclar recollido ao longo do curso foi empregado para a elaboración de xabón.
obradoiro xabónobradoiro xabón 2

RECICLAXE DE PAPEL
Neste obradoiro participaron os alumnos de 2º ESO C.
Os alumnos prepararon con antelación anacos de papel de xornais para deixar en remollo e poder empregalos no obradoiro. Fixeron a pasta de papel coa que elaboraron as follas de papel reciclado.
obradoiro papel recicldo 3papel reciclado 4
papel reciclado 6papel reciclado 5

COSMÉTICA NATURAL: empregando pigmentos naturais procedentes de plantas, glicerina, esencias … os alumnos elaboraron unha barra de cacao para os beizos e unha crema limpadora para a pel. Ademais, probaron estes produtos e comprobaron a súa eficacia.
Mediante este obradoiro os alumnos tomaron conciencia da gran cantidade de químicos que compoñen os produtos cosméticos, destacando a gran toxicidade dos parabenes, compoñentes moi habituais.
PIC_0100PIC_0094

MESA DE TROCO
Un ano máis, durante a Semana de Consumo Responsable, púxose en marcha a Mesa de Troco.
Previamente ,no mes de abril ,colocamos carteis avisando da instalación da Mesa no instituto e solicitamos material non utilizado polos nosos alumnos como: regalos que non lles gustaran, libros, abelorios e todo tipo de material que podía servir para outra persoa.
Durante a semana do 13 ao 16 de Maio foi preparada a Mesa de Troco polo alumnado de primeiro de Bacharelato na sala de alumnos. Cada persoa podía intercambiar un obxecto por outro.
A biblioteca do instituto tamén aportou libros, a aula de música varias frautas, etc.

004

PRESENTACIÓNS CONSUMO RESPONSABLE
Durante os días 13 e 14 de maio os alumnos de 1º de Bacharelato, expuxeron ó resto de alumnado da ESO as presentacións sobre consumo responsable elaboradas na materia de Ciencias para o mundo contemporáneo, tanto do grupo de Ciencias como no de Humanidades.

presentación 1presentación 2<
CONSUMO RESPONSABLE EN DISTINTAS ETAPAS DA HISTORIA
O grupo de 2º A-ESO preparou esta actividade no proxecto de Consumo Responsable que forma parte de Axenda 21.
Por medio desta actividade pretendeuse articular distintos coñecementos para chegar á resolución dos problemas que ían xurdindo.
A aprendizaxe parteu dos coñecementos que tiñan os alumnos/as aos que foron engadindo novas informacións.
Precisaron do debate para chegar a acordos e aprenderon que ás veces hai que ceder en favor de mellores ideas e de propostas feitas por outras persoas.
Tiveron un papel activo xa que foi o alumnado quen fixo a proposta desta actividade, distribución de grupos e procura de información sobre o modo de vida na etapa histórica elixida. Cada grupo elaborou o guión, storyboard, ensaios, vestiario e materiais necesarios. Rematada a gravación da pequena representación, sacaron conclusións sobre a comparación co consumo actual e avaliaron o traballo feito. Nos seguintes enlaces podedes consultar os traballos finais:
O consumo na Prehistoria

O consumo na Idade Media

O consumo na Idade Moderna

O Consumo na Idade Contemporánea

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: