“Días de poesía e libros”

Este título obedece a un encadeado de efemérides que partindo da Poesía nos leva ata os Libros: a Poesía de Rosalía lévanos a homenaxear á Muller, aos nosos Escritores/as consagrados e aos nobeles do noso centro, aos Contacontos, chegando así ata o Libro e as Letras.

– Con motivo da celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, o alumnado de 2º ESO puxo voz aos poemas.
IMG_9656

Tomando como referencia o poema “Adiós ríos, adiós fontes“, e cambiando palabras clave, o alumnado de 2º ESO compuxo unha mostra de interesantes e divertidas recreacións.

IMG_9777

Na biblioteca a exposición estivo centrada nunha serie de poemas dedicados a Rosalía, nas traducións feitas a distintos idiomas e nas versión musicais dos seus poemas.

Expos. biblio Rosalía 1
Exp. biblio Rosalía 3
Exp. biblio Rosalía 2

 

– O alumnado de 1º ESO investigou sobre as Academias das linguas que se imparten no centro e mostrou, en distintos murais, os postos que están ocupados por mulleres, facendo así a súa homenaxe no Día da Muller.

DCIM100MEDIADCIM100MEDIA

DCIM100MEDIADCIM100MEDIA

DCIM100MEDIADCIM100MEDIA

4º de ESO ocupouse das escritoras máis destacadas da literatura galega desde a Guerra civil ata a actualidade:

IMG_9779

A participación do alumnado Adulto veu da man dunha emotiva mostra fotográfica na que aparecen as propias alumnas do IES a Paralaia desempeñando distintos traballos.

IMG_9750

Fábrica de conservas “A Guía”: ocupábanse da preparación do peixe que logo era colocado en latas para ser empacado en caixas, aseguralas con cinchas e almacenalas:

IMG_9743DCIM100MEDIA

Cordelería Virgilio. Meira: tensaban os cordóns e ataban o cáñamo para trenzar os palangres cos que facían as redes:

IMG_9744DCIM100MEDIA

Mulleres na emigración: as alumnas traballando nunha panadería e nunha fábrica de chocolate en Suíza:

IMG_9745

Mulleres na agricultura e outros traballos:

IMG_9746

– Mentras se desenvolve este traballo , o tempo transcorre e chegou o Día da Poesía, así que os alumnos e alumnas de 4º ESO quixeron contribuir cunha mostra que titularon “Seguindo aos escritores”.

IMG_9736IMG_9740IMG_9733IMG_9765

 

– O final do trimestre chegou e quixemos comezar este pequeno descanso convidando  ao alumnado dos CEIP para compartir con nos un relaxado día de convivencia.

IMG_9787IMG_9789IMG_9790

 

– E como o tempo non para, estamos xa no mes que celebramos o Día do libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro.
Os alumnos e alumnas que traballan os Contacontos sorprendéronnos coa creación e ilustración de contos infantís. Para este traballo foron conducidos a través das distintas etapas da creación dun libro que culminaron coa exposición das súas obras na biblioteca do centro. Agora xa están presentándose como Contacontos ao alumnado dos centros de primaria que están adscritos ao noso IES e non dubidamos da súa magnífica actuación.

IMG_9823IMG_9833IMG_9802IMG_9816

O anuncio do Día do Libro foi un fermoso e minucioso traballo do alumnado de 1º ESO .

PIC_0049PIC_0051

PIC_0052PIC_0064

A exposición na biblioteca recorre variadas situacións para as que utilizamos os libros: libros para xogar, libros para amar, libros para viaxar…

PIC_0055 PIC_0057 PIC_0060 PIC_0062

E por suposto unha referencia a Bangkok como capital do libro neste ano.

bangkok 4

Bangkok 5

Bangkok 3 bangkok 2 Bangkok 1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: