Día do Libro

tumblr_mjptx6Y6yu1qkaoroo1_500 tumblr_mjptx6Y6yu1qkaoroo2_500

O 23 de abril conmemórase o Día do libro nunha data simbólica para a literatura mundial, xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. A data tamén coincide co nacemento ou a morte doutros autores prominentes como Maurice Druon, Haldor K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.

Foi a Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en París en 1995 a que decidiu render unha homenaxe universal aos libros e autores nesta data, alentando a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as irremplazables contribucións daqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade.

Para celebralo, ofrecémosvos dous pequenos vídeos moi diferentes: un apela á nosa imaxinación e tenta amosarnos, con tenrura e sensibilidade, a capacidade da literatura para levarnos más alá da nosa realidade inmediata… e así, logo, poder cambiala; o outro recolle un feixe de frases que nos lembran a importancia da lectura. Agardamos que vos gusten!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: