Día mundial da saúde

saludssO día 7 de abril é o Día mundial da saúde, que no 2013 se centra no tema da hipertensión, problema cada vez máis xeneralizado entre a poboación.

A hipertensión (tamén coñecida como tensión arterial alta) aumenta o risco de infartos de miocardio, accidentes cerebrovasculares e insuficiencia renal. A hipertensión non controlada pode causar tamén ceguera, irregularidades do ritmo cardíaco e fallo cardíaco. O risco de que se presenten esas complicaciones é maior se se dan outros factores de risco cardiovascular como a diabetes.

Un de cada tres adultos do mundo padece hipertensión. Esa proporción aumenta coa idade: unha de cada dez acodes de 20 a 40 anos, e cinco de cada dez de 50 a 60 anos. Contra a idea xeneralizada de que este é un problema máis característico dos países desenvolvidos, a prevalencia máis alta obsérvase nalgúns países de ingresos baixos de África; crese que a hipertensión afecta a máis do 40% dos adultos en moitos países dese continente. Neste sentido, convén lembrar que a mellora das condicións de vida e a reducción da mortalidade por enfermidade son algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento da ONU para o Milenio que todos os estados membros comprometéronse a cumprir antes do 2015.

Pero a situación non so debe mellorar nos países menos desenvolvidos, senon tamén naqueles que, coma o noso, están a sufrir unha crise de consecuencias aínda imprevisibles. Neste sentido, cómpre lembrar que o lema para este ano da Organización Mundial da Saúde (OMS) é ‘Colaboremos pola saúde’, e ten por obxecto poñer o foco no persoal sanitario que cuida da nosa saúde diariamente e non sempre se ve recoñecido como merece. No noso país, nos últimos tempos, a situación é especialmente grave: problemas de distribución dos profesionais, gran concentración en cidades e escasez no medio rural, migración de profesionais cualificados a outros países, precarizacións das condicións de traballo, reducción de solos e aumentos de horas, co conseguinte perxuízo para os pacientes…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: