Día mundial da poesía

phpThumb.phpCada 21 de marzo, co equinocio de primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía. A UNESCO proclamou este día en 1999 e celebrouse por primeira vez en 2000 buscando dar un impulso social á poesía como medio de poñer en valor o respecto e a tolerancia e querendo ser unha homenaxe ás persoas que só coa palabra como ferramenta intentan mellorar o mundo. “Os poetas acompañan os movementos cívicos e atinan tanto a sacudir as conciencias polas inxustizas do mundo como a conmovelas pola súa beleza” -declarou Irina Bokova, Directora Xeral de UNESCO.
É alentador que desde a UNESCO se presente aos poetas como persoas que non só miran o mundo, senón que se involucran nel. Como di o último Premio Nacional de Poesía, Antonio Carvajal: “Velar, vivir, obrar”. Ata, non vén mal recordar que poiesis, no seu sentido máis puro, que é o que nos dá a etimología do grego, significa converter o pensamento en materia. (Texto traducido ó galego da páxina: http://blog.leer.es/dia-mundial-de-la-poesia/).

Aproveitamos para ofrecervos, seguindo as suxestións do texto previo, algúns exemplos de poesía comprometida coas loitas contra as inxustizas do mundo, poesía comprometida actualizada e adaptada aos nosos tempos grazas á música rap. Así, o primeiro vídeo ofrécenos unha versión do poema de Celso Emilio FerreiroDeitado frente ao mar” elaborada polo grupo Dios ke te crew, e o segundo constitúe unha homenaxe a Miguel Hernández na voz do rapeiro Nash. Agardamos que vos gusten!:


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: