Día mundial dos dereitos do consumidor

cosumo-responsableO pasado venres, 15 de marzo, conmemorouse en todo o mundo o Día mundial dos dereitos do consumidor, que nos invita a reflexionar sobre os nosos hábitos de consumo e a ser autocríticos para valorar a nosa responsabilidade para coa saúde do planeta e coas inxustizas globais. O consumo responsable, que cada vez máis engade o adxetivo, ben significativo, de ‘transformador’, é un tema que dende a nosa biblioteca está a ser tratado, como sabedes, con particular interés, coa axuda de toda a comunidade escolar. Para nós é un tema decisivo para conformarnos como cidadáns comprometidos cun mundo mellor, porque nos interpela na nosa actividade cotiá a nivel individual e colectivo, pois parece cada vez máis indudable que o fomento do consumismo constitúe un elemento esencial do sistema capitalista que rixe o funcionamento do noso mundo. Nese sentido, educarnos no consumo crítico e consciente é educarnos para loitar polo noso benestar no senso máis amplo, o que implica loitar tanto contra a degradación medioambiental como contra as inxustizas e as desigualdades que non deixan de crecer neste mundo globalizado…

Por desgracia, non é fácil con frecuencia orientarse para atopar alternativas reais e concretas ó sistema consumista e depredador que nos envolve. Por iso, aproveitamos a oportunidade para recomendarvos dous espazos que son xa unha referencia localizados respectivamente en Vigo e en Pontevedra: Árbore e Amarante. O primeiro é unha cooperativa que dispón dun local de productos ecolóxicos e o segundo é unha ong galega que dispón dun local na capital provincial centrado no comercio xusto.

Para rematar, ofrecémosvos unha pequena animación que reflicte o que hai detrás deses hábitos de consumo cotiás nos que apenas reparamos (por ser parte da nosa rutina), e que afectan -e de que maneira!- a moitas comunidades e pobos, especialmente dos países máis empobrecidos:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: