Quincena musical e concerto de Nadal

musicaQUINCENA DA MÚSICA
Neste ano 2012 conmemorouse o centenario do nacemento dos compositores Carlos Guastavino, John Cage, Xavier Montsalvatge e dos directores de orquestra George Solti e Sergiu Celibidache; lembramos tamén a Claude Debussy no seu 150 aniversario e a Jean-Jacques Rousseau no seu 300 aniversario.

Dende o departamento de música o alumnado elaborou diferentes carteis recollendo a información máis relevante das súas vidas e obras, ademáis de aportar imaxes de cadros dos pintores máis representativos da época e do país orixinario de cada un dos músicos homenaxeados, establecendo deste xeito un paralelismo pictórico-musical.

Na biblioteca organizouse unha exposición con material bibliográfico e audiovisual destes músicos . Acompañouse de libros de autores da época e do país de pertenza dos músicos mencionados, facendo unha conexión entre a arte sonora e a literaria.

aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaCONCERTO DE NADAL
Un grupo de alumnos/as de música, na súa maioría estudiantes profesionais de música, ofreceu tres concertos ós seus compañeiros do centro, completando así as actividades levadas a cabo na quincena musical.

O repertorio incluiu pezas instrumentais colectivas como “Sinfonía do novo mundo” ou “Christmas collage”; pezas de cámara como “Cabaret” ( para trompetas e trombón), “Clarinet polka” ( para clarinetes e piano), ou a versión instrumental da cantata de J.S.Bach “Xesús alegría da humanidade” ( para trompetas e trombón); pezas individuais como “River flows in you” da BSO da película Crepúsculo, interpretada no piano, ou “Sweet home Alabama” na guitarra eléctrica; e finalmente pezas vocais como “Beauty and the beast” ou “Tonight we are young”. Algúns fragmentos están incluídos, como banda sonora, na presentación das actividades realizadas na quincena musical.img0019

Rematado o concerto fixeron unha presentación dos instrumentos aos demáis compañeiros que intentaron sacar son dos instrumentos, ás veces con éxito e outras non tanto. Como despedida tocaron pezas festivas que todos coreaban e bailaban.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: