Declaración Universal dos Dereitos Humanos

udh_jpg_caracteristicasPRESENTACIÓN

Con motivo da conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (se queres ler unha versión en galego atoparála aquí), que se celebra en todo o mundo o 10 de decembro, tiveron lugar no centro un bo feixe de variadas actividades. Para comezar, o alumnado presentou esta efeméride cunha sopa de letras na que podiamos atopar palabras relacionadas cos dereitos humanos: liberdade, vivenda, sufraxio, saúde, familia, pensamento, dignidade, opinión…

IMG_9265

MURAIS
O alumnado de 2º ESO creou murais destacando persoas que defenden os dereitos humanos, facendo unha liña do tempo dos xenocidios ou escribindo unha relación dos dereitos humanos.

IMG_9303

IMG_9308

IMG_9309

EXPOSICIÓN de distintos libros relacionados cos dereitos humanos, na biblioteca.

IMG_9357

IMG_9363

IMG_9362

IMG_9361

IMG_9360

IMG_9359

ARTIGOS DE ACTUALIDADE
Selección de artigos da declaración de dereitos humanos aos que se lle puxeron imaxes denunciando feitos ocorridos na actualidade.

Artigo 4

View this document on Scribd

Artigo 8

View this document on Scribd

Artigo 10

View this document on Scribd

Artigo 14

View this document on Scribd

Artigo 15

View this document on Scribd

A TROPA DE TRAPO
Os pasados 18 e 20 de decembro todos os grupos da ESO e de 1º de bacharelato asistiron ao espectáculo de contacontos de “A Tropa de Trapo”. Un curso máis Marta e Brais trouxéronnos as súas historias cargadas de humor, sensibilidade e música. Todas elas transmiten algo especial, tanto as que conta Brais, sorprendentes e alegres, como as que relata Marta, talvez cunha dose maior de lirismo.
Por lembrar algún destes relatos, destacaría o que conta Marta sobre unha moza chamada Laila que busca o seu namorado que estaba lonxe, na guerra, valéndose dunha canción. Ou o relato de Brais que refire a fazaña dunhas mulleres que, a pesar de seren maiores, aprenden a andar en bicicleta.
A “Tropa de Trapo” deixounos historias moi distintas unhas doutras, mais todas teñen en común destacar valores como a solidariedade entre as persoas, a importancia dos sentimentos, a necesidade de desbotar prexuízos cara a persoas doutras culturas para comprendelas mellor ou o valor do diálogo e a comunicación cos demais.
Despois dos contos viñeron os obradoiros. Neles invertíronse os papeis e foron os alumnos e alumnas os protagonistas, participando activamente nas actividades que Brais e Marta propoñían.

IMG_9257

IMG_9258

IMG_9245

IMG_9248

IMG_9253

IMG_9220

IMG_9222

IMG_9231

IMG_9240

IMG_9239

IMG_9236

IMG_9234

Exposición de Sebastián Salgado.

Tivemos a exposición no noso centro ata final de Xaneiro para unir as efemérides de Dereitos Humanos e Día da Paz.
Sebastián Salgado é un fotógrafo comprometido socialmente, mostra na súa obra, sempre en branco e negro, o traballo das persoas máis desfavorecidas, xente sen fogar, situacións de guerra, fame, opresión, desastres ambientais, inxustizas… Tedes moita información e, sobre todo, moitísimas máis fotos neste enlace: http://www.amazonasimages.com/sebastiao-salgado. Como se soe dicir, sobran as palabras…

Aquí tedes as imaxes:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: